22 feb. 2013

O MISTERIO DAS BADALADAS

Os Fendetestas de 1º da ESO estivemos lendo O misterio das badaladas. Os comentarios sobre a obra foron bastante dispares, houbo algúns membros do grupo que expresaron o moito que os intrigara e que non podían deixar de ler; outros (menos afeccionados aos libros de misterio)  non foron da mesma opinión. Mentres  buscamos unha nova proposta de lectura para esta avaliación, deixámosvos unha pequena recensión elaborada por Rodrigo , un dos incondicionais da narrativa de intriga.

Este libro conta a historia de cinco nenos que unha noite escoitan tocar o novo reloxo da vila trece badaladas en vez de doce. A partir de aí os rapaces investigan o misterio ata descubrir a razón pola que se produce ese feito. Alguén lles vai dando unha serie de enigmas que eles teñen que descifrar.
Este libro de Xabier Docampo gustoume moito porque ten moita intriga e é moi fácil de ler. Ademais o misterio non remata xa que ao final o reloxo dá once badaladas en vez de doce. Eu recomendaría este libro a todos os rapaces e rapazas que queiran pasar un anaco entretido e resolver un misterio.
O autor deste libro, como xa dixen, é Xabier P. Docampo que é mestre, escritor, contacontos, actor de teatro, guionista e experto en bibliotecas escolares. Das súas obras destacamos Cando petan na porta pola noite coa que obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1995.

                                                                                                     Rodrigo  Matos Barral 1º ESO B


18 feb. 2013

MAKINARIA PARA 3º E 4º DE ESO... E TAMÉN UN POUCO DE ESTO E ESO...



 

 
       Desde as últimas semanas de xaneiro andamos a voltas coa poesía en galego e en castelán. O obxectivo que nos propoñemos é , de entrada, sentir  a poesía como algo próximo e actual, como unha parte máis da realidade: os creadores de textos poéticos respiran o mesmo aire ca nós, pisan o mesmo chan... algo terán pois en común cos que os lemos. Imos pois tratar de buscar esa "zona común" e de camiñar un pouco por ela.
        
Estamos a ler a Carlos Negro e a Raúl Vacas. O primeiro lévanos, como un furacán, ó mundo dos motores, da noite, da velocidade, do perigo na carretera... e da morte. Co segundo entramos na poesía como xogo: a intertextualidade, a sociedade de consumo, a mestura de textos que nada teñen que ver, a relación entre poesía e as diferentes áreas do currículo... En definitiva, cada día ábrensenos un pouquiño máis os ollos e a boca, ó entender que  poesía non é unha estrela inalcanzable no firmamento, senón unha mazá de ouro á que todos nós lle podemos botar a man.

LEYENDO LA ESTANQUERA DE VALLECAS

       Un grupo de Fendetestas de 1º BAC hemos retomado, después de leer,el pasado curso, Las bicicletas son para el verano, el hábito de leer teatro. En este caso, le ha tocado turno a J.L. Alonso de Santos, con La estanquera de Vallecas: seguimos, pues, en la senda de la tragicomedia y del enfoque realista.
 
      No sólo nos centraremos en los elementos constitutivos de la obra: hablaremos también del inicio de la década de los años 80: política, economía, música... Prometemos teneros al tanto... ¡ Ah! Y después, cómo no, veremos la versión cinematográfica hecha por Eloy de la Iglesia.