24 mar 2014

OPINANDO SOBRE EL ÚLTIMO TRABAJO DEL SEÑOR LUNA...

      
   Hoy dedicamos la sesión a opinar sobre la novela que ya hemos leído y comentado en estas últimas semanas. A continuación charlaremos un rato sobre libros que hemos traído de nuestras casas para comentarlos o para prestarlos a quienes se los quieran llevar unos días: tenemos de todo, desde manga hasta una versión superchula de La Odisea, con "efectos especiales"... Decidiremos, finalmente, qué vamos a leer en abril... Ya os mantendremos al tanto. Os dejamos aquí algunas de nuestras opiniones sobre el libro de César Mallorquí:

Cristian: Me ha gustado mucho porque las obras de acción me resultan muy entretenidas.
 
Valentina: Me gustan mucho los libros que giran entorno a varios temas. En esta novela se tratan los problemas de los superdotados con sus familias y con el resto de la  sociedad,el amor, la amistad, el narcotráfico...
 
 
Xana: Me ha impactado porque refleja los problemas de la vida real (drogas,alcohol, acoso, el ser diferente ...)
 
Sandro y Jennifer: Lo que menos nos ha gustado ha sido el cambio demasiado brusco de los personajes al final, no nos parece muy creíble que una persona pueda cambiar de esa manera...

(Esta entrada ha sido redactada por Laura Castro Pinzón, en colaboración con sus demás compañeros de grupo de lectura)

 

19 mar 2014

AGOSTO DO 36

 A novela de Xosé Fernández Ferreiro introduciunos na temática da Guerra Civil  asociada á forte  represión e ás inxustizas cometidas.Os protagonistas  desta obra son unha parella de mestres de ideoloxía "roxa" que están sentenciados de morte por un falanxista do lugar.
A terrible historia de Gregorio e Sara fíxonos reflexionar sobre a crueldade do ser humano. Tamén nos chamou a atención como foron aproveitadas as circunstancias políticas para levar a cabo vinganzas de carácter persoal.
A forte represión sufrida polas persoas que tiñan ideoloxía republicana lembrounos a  película A lingua das bolboretas baseada en tres contos do libro Que me queres amor? de Manuel Rivas.  No filme tamén aparece a historia dun mestre que ve como o seu mundo se derrumba co alzamento militar do ano 1936. Comentamos como se describía a etapa da 2ª República antes do inicio da guerra e destacamos que nos parecía moi interesante contar con testemuñas da nosa historia a través do cinema e da literatura.

A verdade é que con este libro aprendemos moitas cousas: o que eran os "paseos", a impotencia das vítimas e a gravidade das inxustizas cometidas nesta época.
Agardamos que esta parte da nosa historia non se repita nunca máis.

FEITIZO

 Un dos  grupos de Fendetestas de 1º ESO estivemos lendo a obra Feitizo de Xosé Miranda. Esta pequena novela conta a historia dunha rapaza  que ten unha nai bruxa. A relación entre as dúas non é demasiado boa porque a  nai (Xoana) pretende que a filla, que se chama Marta, herde os seus poderes e a súa condición de bruxa e a rapaza só quere ser unha moza normal.
Na sesión do club de lectura  comentamos que a historia gustounos moito aínda que nos resultou un pouco irreal. Chamounos a atención como está tratado o personaxe da nai, xa que se presenta como malévola e un chisco egoísta. A verdade é  que  a filla é moito máis sensata, equilibrada e educada que a nai. Afortunadamente , ao final da historia  todo volve á normalidade, incluída a relación entre as dúas.

A  lectura deste libro serviunos para poñer en relación a literatura coa televisión e así lembramos series famosas protagonizadas por bruxas como H2O, Sabrina,  Las sirenas de Mako ou a clásica Embrujada.
Precisamente desta última deixámosvos un pequeno vídeo.