20 feb 2017

CLARA DICE



       Clara é unha boa rapaza, unha estudante exemplar cunha vida que semella perfecta. Que pode levar a unha  moza coma ela, con toda a vida por diante, a querer suicidarse?  Esta é a pregunta que se formula a súa nai, Beatriz, incapaz de asimilar a cruel realidade. O comisario Trápaga é o encargado do caso e, aínda que ó principio ignora á desesperada nai, o seu interese aumenta cando se decata de que son varios os casos de suicidios de rapazas en circunstancias similares. Todas elas presentan unha serie de características que implican a existencia  dun patrón común; pero o elemento determinante é, sen dúbida,  un interlocutor na rede que se fai chamar Perseo. A partir deste momento comezan os intentos por tentar desenmascarar ao misterioso personaxe, aparentemente un psicópata que induce a mozas adolescentes a poñer punto final á súa vida. O final é, sen dúbida, sorprendente.
       As opinións sobre este libro foron moi variadas. Todos estivemos de acordo en que nos gustara moito e que non podiamos deixar de  lelo. Falamos do uso de diversos puntos de vista (a nai, o comisario…) e do interesante que resultou ver a realidade de maneiras diferentes. É un libro que impresiona e que non deixa indiferente a ninguén. A dor da nai provocada pola morte da súa filla e polas tremendas circunstancias en que esta se produciu é conmovedora.   Ademais o libro induciunos a reflexionar sobre o uso das novas tecnoloxías e  a necesidade de darlles un uso correcto polo perigosas que poden ser. Clara dice fíxonos pensar  sobre cales  poden ser as razóns que levan a unha persoa a realizar accións que, nunha situación normal,  nunca faría. As motivacións poden ser moi variadas: por amor, por inxenuidade ou, simplemente,  por un desexo de integración  na sociedade. Comentamos a relación deste libro con Mentira de Care Santos e de como as relacións  iniciadas a través da rede poden agochar desagradables sorpresas.
      Se queredes ter máis información sobre o libro podedes consultar nos arquivos do blog Fendetestas a entrevista virtual a Carlos Roncero onde respondeu a unha serie de cuestións formuladas polos nosos compañeiros:
      Para rematar esta crónica subimos ao blog  unha interesantísima vídeo-recensión  elaborada por Laura Míguez.

 Cristian, Marcelo, Lucía, Laura, Jin e Xana
 


VIAJANDO CON LA NIÑA MALA

      
     Con Travesuras de la niña mala, Vargas Llosa  nos lleva desde Lima hasta Madrid pasando por París, Londres y Tokio, de la mano de la pareja formada por Otilia y Ricardo Somorcucio, personajes totalmente opuestos y destinados a cruzar sus caminos, sea cual sea el lugar del mundo en el que se hallen. Protagonizan un amor atípico lleno de encuentros y desencuentros, altibajos, apasionadas etapas compartidas y con un melodramático, pero hermosísimo final.

     El autor se muestra fiel a su maestro Flaubert, introduciendo elementos como la violencia (el sadomasoquismo de Fukuda), la rebeldía caracterizadora de la protagonista, el sexo presente en sus múltiples relaciones y el melodrama, visible en la grave enfermedad final de Otilia y en la futura soledad de Ricardo. Además, sería injusto no mencionar su dominio del Realismo Mágico, materializado en Arquímedes, o su maestría en la construcción de la novela, al dar naturaleza episódica a cada capítulo, interpretable como una especie de micronovela.

    -  Resulta fascinante el modo en el que el escritor peruano mezcla una curiosa historia de amor con el cosmopolitismo empleando con asiduidad recursos técnicos y temáticos novedosos y atractivos para el lector propios del Realismo Mágico. Es posible encajar la novela en el movimiento gracias al predecible e increíble destino de Somocurcio y Otilia, así como por impactante el comportamiento de ella y el amor platónico que él experimenta. Además, están presentes otras pinceladas como la capacidad extraordinaria de Arquímedes para conocer el lugar idóneo de construcción de los rompeolas.

Que una novela protagonizada por un personaje plano y gris, Ricardo, consiga ser tan rica (gracias al colectivo del que rodea al protagonista: Paul, Juan Barreto, Salomón Toledano, los Gravoski, tío Ataúlfo... y como no, la niña mala) hace de esta una verdadera obra maestra.
                                                              Alicia  Seoane  (2º BAC) 

    -   El carácter de Otilia, una mujer egoísta que busca cambios en su forma de vivir para su beneficio económico, sin importarle apenas nada lo mucho que sufra el resto de la gente, causa atracción por parte del lector ya que es un personaje redondo que intenta captar nuestra atención con sus hechos. Por el contrario, Ricardo o “el niño bueno”, es un hombre de bien, trabajador y ordenado, que le perdona una y otra vez, aunque en ocasiones también nos muestra su lado más oscuro. Este hecho, la presentación de dos protagonistas antagónicos que al final se juntan, mostrándonos así la recompensa que Otilia le da a Ricardo por perdonarle siempre: pasar con él el poco tiempo de vida que le quedaba, hace que la novela sea muy atractiva. Al final, el autor, al contarnos que ella padece cáncer, hace que le “perdonemos” y en cierto modo entendamos sus ansias de vivir y de cambiar de aires continuamente. Aunque en la obra aparecen muchos personajes, el hilo argumental se centra en su relación y en concreto, en las idas y venidas de “la niña mala”, lo que hace que queramos saber siempre qué es lo siguiente, cuál será el próximo lugar al que nos lleve Otilia.
                                                                                                              Tamara Cao  (2º BAC) 


14 feb 2017

CHAMÁDEME SIMBAD


Algúns dos fendetestas de 1º ESO lemos, durante as vacacións de Nadal, un libro de Francisco Castro (un dos autores de O neno can) que leva por título Chamádeme Simbad.


Paulo é un neno de dez anos que vive feliz cos seus pais e o seu avó. Os pais deciden ingresar ao avó nunha residencia porque cada día é máis difícil de coidar, pero este decide fuxir. O neno consegue localizalo seguindo unha serie de pistas que o avó lle foi deixando, e atópao na taberna dun irmán do ancián (o tío Bernardino), ao cal Paulo nin coñecía. Un vello conflito familiar fixo que estivese enfadado co seu pai e que rompese a relación co avó.

Nas reunións que tivemos para comentar a obra falamos do Alzhéimer (a enfermidade que ten o avó do protagonista) e das reflexións que esta fermosa historia nos provocou. Criticamos moito a actitude do pai do neno, que sempre está co móbil e parece coma se non atendese a nada que non fose o seu traballo. Ademais, tamén nos chamou atención como se comportaba co seu propio pai (o avó do neno). Decatámonos de que, ás veces, é coma se a xente maior fose un estorbo para os adultos e iso non nos pareceu nada ben. Pola contra, a actitude do neno é ben diferente. El lévase moi ben co avó e, cando xogan, parecen dous rapaces imaxinando aventuras. Para o avó é moi importante non separarse do seu neto.

Pensamos que o obxectivo do libro era que os lectores nos decataramos da necesidade de comprender e escoitar aos nosos maiores, especialmente cando están enfermos. A historia pareceunos un pouco triste, aínda que remata ben: o avó vai ir  unhas horas para un Centro de Día mentres  os pais de Paulo están traballando, pero vai seguir vivindo na casa familiar. Así Paulo e o seu avó poderán seguir compartindo xogos e vivindo fantásticas aventuras.
                                                                                                    Ánxela, Ángela e Idaira (1º ESO A)