31 mar 2026

VISITA AO MUSEO DAS MARIÑAS E AO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS

      

    O pasado 26 de marzo a rapazada do IES de Curtis puido desfrutar dunha visita ao Museo das Mariñas e dun percorrido polo casco vello da  vila betanceira. A nosa guía Elena, técnica de cultura do Concello de Betanzos, acompañounos nunha visita ben entretida na que descubrimos moitos recunchos e datos ben interesantes. Moitas grazas pola súa simpatía e amabilidade!


 

10 mar 2026

SOBRE A ESCOLA E A EDUCACIÓN

As alumnas de Paula Carballeira é unha obra de teatro que nos fai reflexionar sobre a importancia da educación e a influencia dos docentes na formación da personalidade dos nenos e adolescentes. 

Comentarios en formato videorecensión de Laura García e Alexandra  Tomé e booktrailer de Paula Rey.