Antía Sánchez (1º Bach B) ofrécenos un suxestivo booktráiler e unha recensión coa súa valoración sobre o libro de Arantxa Portabales. Animádesvos a descubrir o misterio?
Esta é unha novela da autora galega,
ainda que nada no País Vasco, Arantza
Portabales, quen escribe as
súas obras tanto en castelán como en galego. Comezou a súa carreira escribindo
microrrelatos e participando en concursos literarios con estas composición. O
seu maior éxito ata o momento é a serie policiaca dos inspectores Abad e
Barroso, composta por 3 novelas.
Asasinato na Casa Rosa foi publicada o 9 de xaneiro do 2025 en galego e pouco despois
en castelán e da comezo á serie Os
crimes de Loeiro, protagonizada polos inspectores
Santaclara e Araujo. Esta obra está incluída
dentro do xénero narrativo xa que é unha novela e máis en concreto pode ser clasificada como unha novela propia do subxénero literario
do domestic noir, moi propio das novelas da recoñecidísima
autora inglesa, Ágatha Christie.
A novela comeza coa morte, no
2020, de Rosa, nai da familia Villamor, entorno a que xira a historia completa.
Rosa era a muller de Ulises Villamor un empresario millonario propietario da
empresa sanitaria Asisgal,
e tamén nai de tres fillos, Álvaro,
Ada e Eduardo. A morte
de Rosaocorre durante a pandemia e o estado de
confinamento en Loeiro, unha pequena vila costeira de Galicia, mentres a
familia ao completo, xunto cos dous fillos de Ada e coas respectivas parellas dos dous irmáns
maiores, Álvaro e Ada, estaba
residindo na gran mansión chamada
a Casa Rosa. Catro anos despois,
Ulises Villamor recibe
unha imaxe que podería ser unha pista que descubrise ao culpable
xa que comeza a sospeitar
que foi alguén dos ocupantes
da casa no momento do falecemento. Por iso
decide contratar á inspectora de policía Iria Santaclara, quen se atopa fora de servicio para cuidar ao seu marido que se atopa en coma tras sufrir un ictus. Ao principio, cando recibe esta petición,
négase pero este, tras investigar sobre a vida da inspectora, decide pagarlle un
tratamento moi caro para axudarlle ao seu marido, polo que Iria, acepta e vai á Casa Rosa a investigar o sucedido. Durante
a estancia da inspectora alí, vanse descubrindo segredos
de todos os personaxes e facendo que cada un sexa máis misterioso que o anterior ata que a inspectora, con
axuda do seu excompañeiro xubilado César Araujo, consegue atopar a causa da morte de Rosa.
Persoalmente esta novela sorprendeume moi gratamente xa que o xénero da novela negra
non é un xénero que me atraia especialmente e non me soen gustar este
tipo de historias. Porén, esta obra gustoume moito, tanto a trama en xeral coma
o xogo que nos da a propia autora ao facernos sospeitar de todos e cada un dos
personaxes e darlle un final tan pouco esperadocomo o é o desta novela.
Polo tanto, esta obra é súper recomendable para todo tipo de perfil lector xa que é unha obra moi
interesante que mestura temas do día a día como son o problema das herdanzas
nas familias, a cobiza ou o diñeiro.