Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS. Mostrar todas las entradas

16 oct 2023

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS: A FENDA DE XÉNERO NA LITERATURA

     

Hoxe, 15 de outubro, celebramos o Día das mulleres escritoras. Coma sempre, haberá espazos de tempo na biblioteca e nas nosas aulas para lembrar a importancia das mulleres como divulgadoras do saber e coma creadoras de universos literarios. Para empezarmos, aquí deixamos un texto para traballar nas aulas co alumnado de ESO, buscando a reflexión sobre o camiño andado e sobre o que aínda queda por facer...


A FENDA DE XÉNERO NA LITERATURA 

(A problemática da muller escritora de onte a hoxe)


     “Para a maior parte da Historia, Anónimo era unha muller”. Esta cita da escritora feminista Virginia Woolf (Reino Unido, 1882-1941) critica a invisibilización que tivo ao longo da historia a muller na literatura. Relegadas a un segundo plano na vida política, laboral e social, as mulleres tiveron que loitar século tras século co lugar que lles asignaban no mundo: o fogar e a familia.

      Anónimos, como ela destaca, foron os autores de grandes obras como o Lazarillo de Tormes ou o Cantar de Mío Cid ou a mítica As mil e unha noites. Quizais a man de alguna muller do pasado tivese algo que ver na súa escritura… Varias investigacións publicadas recentemente sobre as cantigas medievais galegoportuguesas  apuntan a que as composicións de amigo foron escritas por mulleres e non polos trobadores e xograres que as asinaron e que pasaron á historia como os seus autores.  Difícilmente chegaremos a sabelo: coñecer a autoría destes títulos é imposible a día de hoxe, pero cada vez hai máis datos acerca da pegada real que deixou a muller na literatura.

Ínfimo recoñecemento

            A pouca presenza da muller nos ámbitos literarios pode comprobarse facilmente a través dos galardóns. O premio literario internacional máis coñecido é sen dúbida o Nobel de LiteraturaDesde a súa creación en 1901 ata 2017 premiouse a 17 mulleres fronte a 100 homes.

            O  Día das Letras Galegas dedicóuselle por primeira vez a unha muller no ano 1963: Rosalía de Castro. Nos anos posteriores só foron cinco as mulleres, fronte a máis de cincuenta homes, que recibiron esta homenaxe colectiva á  importante contribución que estas persoas prestaron á cultura galega.

          Por outra banda, o recoñecemento máis importante en lingua castelá, o Premio Cervantes, tan só galardoou a 6 mulleres, fronte a 41  homes, desde que se instaurou en 1976: María Zambrano (1988), Dulce María Loynaz (1992), Ana María Matute (2010), Elena Poniatowska (2013), Ida Vitale (2018) e Cristina Peri Rossi (2021).

       E entre os gañadores doutro  premio literario con gran importancia en España, o Premio Planeta, creado en 1952, só son mulleres un 25% dos galardonados. Na última década destacaronDolores Redondo en 2016, Eva Sáenz de Urturi en 2020 e Luz Gabás en 2022.

       Porén, cómpre destacar que, igual que noutras parcelas da sociedade, os últimos anos marcan un cambio de mentalidade e de funcionamento da realidade literaria: cada vez hai máis mulleres escritoras e, en consecuencia, son cada vez máis as que reciben galardóns. De feito, o Premio Nacional de Narrativa do ano 2022 recaeu sobre a novelista galega Marilar Alexandre e a poeta tamén galega Yolanda Castaño vén de gañar o Premio Nacional de Poesía.

Mulleres baixo pseudónimo

          “As mulleres viviron todos estes séculos como esposas, co poder máxico de reflectir a figura do home no dobre do seu tamaño natural”, aseveraba tamén Virginia Woolf en Una habitación con vistas.

       Historicamente, unha muller non podía superar intelectualmente a un home: estaba mal visto. Outra dificultade engadida consistía en que moitos editores rexeitaban os libros escritos por mulleres por mor de que moitos lectores non os combraban por condideralos, a priori, literatura de mala calidade. De aí que as poucas mulleres que se atrevían a facer literatura, recorresen a miúdo ao uso de pseudónimos masculinos para ocultar a súa identidade.

     En relación con este tema cómpre lembrar, unha vez máis, á poeta galega máis univesal:  Rosalía de Castro. Ela dedicoulle o seu libro Cantares gallegos á escritora Cecilia Böll de Faber, a cal para publicar as súas obras usara un pseudónimo masculino: Fernán Caballero. Rosalía é consciente da situación das mulleres e da problemática que teñen aquelas que se dedican á escrita e así o reflicte na súa obra.