13 jun 2021

LENDO EN INGLÉS

 

A primeira actividade durante o primeiro trimestre foi a presentación dun libro recomendado pola profesora, The Tattoist of Auschwitz  de Heather Morris, lendo algúns dos fragmentos máis significativos en inglés e abrindo un debate sobre o significado do holocausto e a vida nos campos de concentración.

A partir de aquí, cada un de nós realizou unha presentación en inglés sobre un libro. Os títulos foron variados:  The Hunger Games de Suzanne Collins, After de Anna Todd, O Corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, El Rostro de la Sombra de Alfredo Gómez Cerdá, La Tuneladora de Fernando Lalana e La Villa de las Telas de Anne Jobs.



Logo de rematar coas presentacións, iniciamos a lectura do libro All about Scotland de Emily Winston, facendo unha primeira presentación sobre este país: historia, xeografía, costumes, celebridades, festivales, comida… Realizamos a lectura acompañada de escoitas, vídeos e descripción de fotos.


Por último eliximos un aspecto dos presentados en Escocia e trasladámolo ó noso país, para facer un proxecto no que se destacasen as diferenzas e similitudes. Os traballos desenvolvidos foron: lugares emblemáticos, personaxes da nosa cultura, historia, comidas típicas, festivais e celebracións.





Descubrimos un pequeno país pero con grandes cousas que ofrecer e practicamente descoñecido para nós. Resultounos especialmente interesante a cantidade de características comúns que compartimos aínda estando tan lonxe.


  Club de Lectura de Inglés de 2º  ESO A e B


ACABADORA

 

Acabadora, de Michela Murgía, é unha novela ambientada nos anos 50, nunha vila de Sardeña (Italia).

Bonaria Urrai, unha viúva de case sesenta anos, decide acoller como fill'e anima a María Listru, unha nena de seis anos, orfa de pai. A partir dese momento, María comeza a vivir coa anciá,  levando unha vida como se fosen nai e filla. Bonaria encárgase de que á nena non lle falte nada e vaia á escola, e a nena axúdalle nos labores e co traballo de costureira que é ao que se adica a señora.A convivencia é boa durante anos, pero segundo se vai facendo maior, María comeza a preguntarse porque ás veces a tía Bonaria, como ela a chama, sae polas noites, e ao día seguinte, hai un falecido na vila. A pesar dese estraño feito, a rapaza non fai ningunha pregunta, ata que un desafortunado suceso, fai que María descubra o segundo oficio de Bonaria: o de acabadora. É aí cando a anciá ten que darlle explicacións á rapaza, a cal decide marchar e comezar unha nova vida, xa que non está de acordo coas prácticas da tía.  María vai vivir cunha nova familia adiñeirada como coidadora de dous irmáns cos que inicia unha relación moi especial, sobre todo co rapaz chamado Piergiorgio. Regresa á casa despois de recibir a nova de que Bonaria sufrira un ictus e que necesita a súa axuda.

Esta obra trata temas polémicos como a eutanasia Nese sentido cómpre salientar, ademais das dúas mulleres  protagonistas, o personaxe de Nicola, un mozo da aldea que sofre a amputación dunha perna, feito que lle provoca unha forte depresión. El pide axuda a  Bonaria e, ela, finalmente accede a rematar co seu sufrimento. A historia de Nicola deunos pé para falar e reflexionar sobre temas como a legalidade da eutanasia,  recentemente de actualidade.  Este é un tema moi controvertido e pensamos ten que aplicarse en casos moi extremos.

Ao longo da obra que, a pesar da súa brevidade é moi intensa, móstranse unha gran cantidade de  temas secundarios asociados sobre todo a diferentes sentimentos como:

- Soidade: María ao comezo da obra séntese soa e non ten a ninguén sobre quen apoiarse.

 - Amor: a "historia de amor" entre Andría (irmán de Nicola) e María, e tamén entre María e Piergiorgio.

- Amizade: María e Andría teñen unha gran amizade e  apóianse mutuamente, por exemplo cando     Nicola morre.

 -Tristeza: polo sufrimento que vai aparellado á enfermidade e á morte.

 - Amabilidade e fidelidade: como se ve ao longo da obra cando María intenta axudar aos demais e como remata regresando para coidar á súa nai adoptiva.

- O perdón: representado por María que, finalmente, consegue entender as accións de Bonaria.

Outros temas presentes  de xeito indirecto son as relacións familiares, a maternidade, a pobreza e as dificultades económicas, os abusos sexuais (historia do pasado de  Piergiorgio)...




Tamén nos chamou a atención as mencións que aparecen ao longo da novela ás tradicións populares como o costume de deixar abertas as portas das casas aos defuntos a noite anterior ao día de Todos os Santos ou a crenza de que as imaxes relixiosas que tiñan os moribundos nas súas habitacións protexíanos e  non lles permitían morrer. Pero sen dúbida o que máis nos impactou foi a existencia da profesión de acabadora e como poñía fin ás vidas das persoas que non querían sufrir máis.  Unha novela  conmovedora que nos fala da vida e da morte, dos sentimentos e da complexidade do ser humano.

  Adrián, Daniel, Paula, Claudia e Nuria ( 1º Bacharelato)

 

 

6 jun 2021

XIII XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA

 

O pasado 4 de xuño tivemos a oportunidade de volver á  tan desexada presencialidade coa celebración da XIII Xornada dos Clubs de Lectura. Velaquí unha breve crónica do mesma.

 Comezamos o día asistindo  á entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2021  á escritora Eva Mejuto (22 segundos e Memoria do silencio).   A autora tamén nos falou sobre un recurso ben interesante para os clubs: o álbum ilustrado. Amosounos álbums de todo o mundo e rematou a súa intervención coa lectura da súa última obra: A lavandeira de  San Simón.  





Ao longo do día a oferta temática foi moi plural e variada. Mergullámonos na historia  e na literatura da man de  autores de recoñecida traxectoria como Manuel Gago, Héctor Carré e Xabier Quiroga. Aprendemos doutras experiencias de diferentes clubs espallados pola xeografía galega que compartiron con nós as súas propostas organizativas e temáticas.   Reflexionamos sobre o papel da lectura na sociedade actual coa escritora Marta Sanz. Valoramos a incorporación dos booktubers ao mundo das lecturas compartidas con José Miguel de Tomasena. Rematamos escoitando a Miguel Anxo Prado que compartiu con nós a súa experiencia no proceso de creación literaria. Sen dúbida, unha xornada repleta de ideas e suxestións que poñer en marcha!






2 jun 2021

ALL ABOUT IRELAND

     

     As integrantes do Club de Lectura de 1º de bacharelato de Inglés leron este curso un libro que lles permitiu coñecer mellor un país co que temos moito en común: Irlanda.  A través da lectura achegáronse á súa xeografía, ós seus mitos e lendas, á  súa cultura e, por suposto, aos  seus costumes e ás súas arraigadas tradicións. Compartimos os seus comentarios sobre a obra. 


Something that we liked about this book was the typical Irish dance. We read about Michael Flatley and we saw a video of people  dancing a with a mixture of traditional and modern music.

We became surprised with the Irish celebrities since we got to know that Liam Neesan and County Lauth, from example, were from Ireland.

We also learnt about the Irish myths and legends that Ireland is famous for. Our favourite ones were those of the Leprechauns and the Children of Liar.

              Raquel Bernárdez, Brenday Rey, Lucía Taboada (1ºbach B)















This book is about the island of Ireland. On of the most appealing aspects is the Irish geography, especially the the Gigant’s causeway. It’s a popular tourist attraction  over we ground with 40 000 columns of basalt.

Other interesting thing is the celebration of Saint Patrick’s  Day on 17th March. This is a national holiday in Ireland. People go to church and the return home have a meal with the family. Irish usually wear green clothes or something with a shamrock on it.

                        Sara González, Vanesa Combo (1º bach B)