O pasado 4 de
xuño tivemos a oportunidade de volver á tan desexada presencialidade coa celebración da
XIII Xornada dos Clubs de Lectura. Velaquí unha breve crónica do mesma.
Comezamos o día asistindo á entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2021 á escritora Eva Mejuto (22 segundos e Memoria
do silencio). A autora tamén nos falou sobre un recurso ben interesante
para os clubs: o álbum ilustrado. Amosounos álbums de todo o mundo e rematou a
súa intervención coa lectura da súa última obra: A lavandeira de San Simón.
Ao longo do día
a oferta temática foi moi plural e variada. Mergullámonos na historia e na literatura da man de autores de recoñecida traxectoria como Manuel
Gago, Héctor Carré e Xabier Quiroga. Aprendemos doutras experiencias de
diferentes clubs espallados pola xeografía galega que compartiron con nós as
súas propostas organizativas e temáticas. Reflexionamos sobre o papel da lectura na
sociedade actual coa escritora Marta Sanz. Valoramos a incorporación dos booktubers
ao mundo das lecturas compartidas con José Miguel de Tomasena. Rematamos
escoitando a Miguel Anxo Prado que compartiu con nós a súa experiencia no proceso
de creación literaria. Sen dúbida, unha xornada repleta de ideas e suxestións
que poñer en marcha!
No hay comentarios:
Publicar un comentario