26 feb 2026

O CLAN DAS BARBIES


 Estamos preparando a visita de Antía Yáñez coa que intercambiaremos impresións lectoras sobre as súas obras Senlleiras e O clan das barbies.

Compartimos algúns dos traballos realizados polo alumnado de 2º de bacharelato, en concreto  bootrailers de Uxía  Vázquez e Marta Cao. 


 

 


 

 

25 feb 2026

PEPERETADAS DE ENTROIDO (lemos e degustamos receitas tradicionais)

     

     O alumnado de portugués  recompilou e elaborou algunhas receitas tradicionais do Entroido do país veciño que puidemos saborear no concurso de Peperetadas (sección de Sobremesas Internacionais) que facemos no noso centro. Compartimos algúns dos vídeos nos que se poden ver os cociñeiros coas mans na masa.

 


 

 

20 feb 2026

LENDO E DEGUSTANDO RECEITAS DO ENTROIDO

 

    No Club de Lectura Fendetestas ademais das lecturas tradicionais tamén recollemos outras propostas lectoras en diferentes formatos. Un ano máis celebramos o Entroido galego recompilando receitas típicas desta celebración e incorporamos unha sección de sobremesas internacionais. As lecturas e as comidas serven como un nexo de integración das diferentes culturas, unha loa á diversidade que tanto nos enriquece como persoas. Velaquí unha mostra da reportaxe fotográfica da celebración.

 https://www.instagram.com/reel/DVMN_UDgIzO/