Mostrando entradas con la etiqueta Booktrailer. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Booktrailer. Mostrar todas las entradas

10 mar 2026

SOBRE A ESCOLA E A EDUCACIÓN

As alumnas de Paula Carballeira é unha obra de teatro que nos fai reflexionar sobre a importancia da educación e a influencia dos docentes na formación da personalidade dos nenos e adolescentes. 

Comentarios en formato videorecensión de Laura García e Alexandra  Tomé e booktrailer de Paula Rey.



 

26 feb 2026

O CLAN DAS BARBIES


 Estamos preparando a visita de Antía Yáñez coa que intercambiaremos impresións lectoras sobre as súas obras Senlleiras e O clan das barbies.

Compartimos algúns dos traballos realizados polo alumnado de 2º de bacharelato, en concreto  bootrailers de Uxía  Vázquez e Marta Cao. 


 

 


 

 

19 ene 2026

HAI MULLERES...


 

Ainara Castro comparte este booktrailer sobre o libro de Marilar Aleixandre que leva por título  As malas mulleres.

8 jun 2025

ASASINATO NA CASA ROSA

 

    Antía Sánchez (1º Bach B) ofrécenos un suxestivo booktráiler e unha recensión coa súa valoración sobre o libro de Arantxa Portabales. Animádesvos a descubrir o misterio?


 

Esta é unha novela da autora galega, ainda que nada no País Vasco, Arantza Portabales, quen escribe as súas obras tanto en castelán como en galego. Comezou a súa carreira escribindo microrrelatos e participando en concursos literarios con estas composición. O seu maior éxito ata o momento é a serie policiaca dos inspectores Abad e Barroso, composta por 3 novelas.

Asasinato na Casa Rosa foi publicada o 9 de xaneiro do 2025 en galego e pouco despois en castelán e da comezo á serie Os crimes de Loeiro, protagonizada polos inspectores Santaclara e Araujo. Esta obra está incluída dentro do xénero narrativo xa que é unha novela e máis en concreto pode ser clasificada como unha novela propia do subxénero literario do domestic noir, moi propio das novelas da recoñecidísima autora inglesa, Ágatha Christie.

A novela comeza coa morte, no 2020, de Rosa, nai da familia Villamor, entorno a que xira a historia completa. Rosa era a muller de Ulises Villamor un empresario millonario propietario da empresa sanitaria Asisgal, e tamén nai de tres fillos, Álvaro, Ada e Eduardo. A morte de Rosaocorre durante a pandemia e o estado de confinamento en Loeiro, unha pequena vila costeira de Galicia, mentres a familia ao completo, xunto cos dous fillos de Ada e coas respectivas parellas dos dous irmáns maiores, Álvaro e Ada, estaba residindo na gran mansión chamada a Casa Rosa. Catro anos despois, Ulises Villamor recibe unha imaxe que podería ser unha pista que descubrise ao culpable xa que comeza a sospeitar que foi alguén dos ocupantes da casa no momento do falecemento. Por iso decide contratar á inspectora de policía Iria Santaclara, quen se atopa fora de servicio para cuidar ao seu marido que se atopa en coma tras sufrir un ictus. Ao principio, cando recibe esta petición, négase pero este, tras investigar sobre a vida da inspectora, decide pagarlle un tratamento moi caro para axudarlle ao seu marido, polo que Iria, acepta e vai á Casa Rosa a investigar o sucedido. Durante a estancia da inspectora alí, vanse descubrindo segredos de todos os personaxes e facendo que cada un sexa máis misterioso que o anterior ata que a inspectora, con axuda do seu excompañeiro xubilado César Araujo, consegue atopar a causa da morte de Rosa.

 Persoalmente esta novela sorprendeume moi gratamente xa que o xénero da novela negra non é un xénero que me atraia especialmente e non me soen gustar este tipo de historias. Porén, esta obra gustoume moito, tanto a trama en xeral coma o xogo que nos da a propia autora ao facernos sospeitar de todos e cada un dos personaxes e darlle un final tan pouco esperadocomo o é o desta novela. Polo tanto, esta obra é súper recomendable para todo tipo de perfil lector xa que é unha obra moi interesante que mestura temas do día a día como son o problema das herdanzas nas familias, a cobiza ou o diñeiro.

17 may 2024

SAXO TENOR

 Salma Mariño ofrece unha proposta alternativa de lectura:  unha obra teatral de Roberto Vidal Bolaño na que se fai un interesante retrato da sociedade.



25 abr 2024

O PARAÍSO DOS INOCENTES

 Alia Castro anima con este elaborado booktrailer á lectura do libro de Antón Riveiro Coello:


 


18 mar 2024

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

  

María Bello e Andrés Caínzos achégannos á estadía de Van Gogh en Auvers (Francia) a través da lectura do libro de Marcos Calveiro.






9 ene 2024

O NENO DO PIXAMA A RAIAS


 Nicolás Seoane realizou este suxestivo booktrailer sobre a novela O neno do pixama a raias.



19 dic 2023

FANTASMAS DE LUZ

     

 Andrés Caínzos realizou este suxestivo booktrailer e Lucía López Roca complementouno cunha interesante recensión en formato vídeo sobre a obra de Agustín Fernández Paz.

 




8 dic 2023

VENTO FERIDO II

 

Gloria Iglesias comparte a súa interpretación visual da obra de Carlos Casares:



VENTO FERIDO

     

     Dúas propostas diferentes en formato de booktrailer sobre os relatos que compoñen a obra Vento ferido de Carlos Casares. Unha obra esencial da literatura galega que nos achega a un mundo onde están presentes o fatalismo, o desamor, a violencia...

Traballos realizados por Pablo Astray e Candela Saavedra.