Laura García e Alexandra Tomé elaboraron este suxestivo booktráiler e esta interesante videorecensión sobre o libro de Francisco Castro:
Club de lectura do IES de Curtis
“Dicirlle á xente que non poden seguir vivindo sen ler un libro así, hai demasiada beleza nel para ignoralo”
Agustín Fernández Paz
Laura García e Alexandra Tomé elaboraron este suxestivo booktráiler e esta interesante videorecensión sobre o libro de Francisco Castro:
Compartimos un suxestivo booktrailer realizado por María Bello e unha completa videorecensión de Alia Castro sobre a novela de Manolo Rivas:
Alia Castro ofrécenos unha nova videorecensión. Nesta ocasión a obra escollida é Sen piedade de Pedro Feijoo.
Noa Maques (1º Bach A) explica nesta recensión en formato vídeo as súas impresións despois de ler A casa de Mango Street.
Seguimos cos traballos realizados polo alumnado sobre o libro Senlleiras de Antía Yáñez. Nesta ocasión, Salma Mariño realiza unha videorecensión onde nos convida a ler esta historia de mulleres senlleiras que non merecen ser esquecidas.
Palabras envelenadas de Maite Carranza foi unha das
lecturas escollidas por un dos grupos de 4º ESO para o segundo trimestre do
curso. A historia da misteriosa desaparición dunha rapaza chamada Bárbara Molina é a base para
unha investigación na que as pezas vai encaixando coma nun
quebracabezas. De feito, un dos comentarios que se fixo na reunión mantida para falar da obra,
foi que as lectoras do club ían cambiando de sospeitoso conforme avanzaba a lectura. Todas estiveron de acordo en valorar o
desenlace como moi sorprendente. A
temática da novela xira en torno aos abusos sexuais e psicolóxicos e as relacións familiares. Son moitos os
sentimentos e emocións reflectidos a través dos personaxes: o medo, a
hipocrisía, o sentimento de culpabilidade ante as agresións... Chamou a atención
a existencia de relacións especialmente tóxicas e como os familiares máis
achegados poden converterse en auténticos inimigos.Tamén se comentou a calidade literaria da obra, valorando especialmente a concentración da acción nun tempo moi limitado, xa que trancorre nun só día.
En definitiva, Palabras envelenadas é unha novela adictiva, amena, cun ritmo narrativo rápido e dinámico que empurra a non parar de ler ata o final. Totalmente recomendable!!!
Paula Carrasco, Alia Castro, Noa Maques, Mireya Sánchez, Lucía López, Karla Rivera e Salma Mariño
Para rematar, compartimos unha magnífica recensión sobre a obra realizada por Alia Castro:
Natalia Vázquez Sánchez (2º Bach) recomenda a lectura de Fantasmas de Luz de Agustín Fernández Paz.