Se buscas unha novela intrigante con historias de asasinatos non podes deixar de ler A praia dos afogados de Domingo Villar. Conseguirá o inspector Leo Caldas resolver o misterio?
Booktrailers elaborados por Lucía García e Iria Castro.
Club de lectura do IES de Curtis
“Dicirlle á xente que non poden seguir vivindo sen ler un libro así, hai demasiada beleza nel para ignoralo”
Agustín Fernández Paz
Se buscas unha novela intrigante con historias de asasinatos non podes deixar de ler A praia dos afogados de Domingo Villar. Conseguirá o inspector Leo Caldas resolver o misterio?
Booktrailers elaborados por Lucía García e Iria Castro.
José Ángel Nouche convida a ler esta interesante historia protagonizada por tres mulleres que, aparentemente, non teñen nada en común.
Antía Seijas recomenda a lectura desta obra clásica da literatura universal en formato booktráiler.
Dous booktráilers animan á lectura deste libro que non deixará a ninguén indiferente.
Compartimos un suxestivo booktrailer realizado por María Bello e unha completa videorecensión de Alia Castro sobre a novela de Manolo Rivas:
Unha das lecturas que máis éxito colleitou entre o alumnado de 1º Bach foi, sen dúbida, Ti e mais eu de Niccolo Ammaniti. Compartimos unha orixinal dramatización e un traballado booktrailer.
Animádevos a lelo, non vos defraudará!
Alba Couselo achéganos a súa interpretación visual sobre a obra de Michela Murgia en formato de booktraíler.
A pantasma da guerra volve, por desgraza, a estar de plena actualidade. O libro de Philippe Claudel ofrécenos un fermoso e cruel relato sobre as consecuencias dos conflitos bélicos. Dous booktrailers realizados por Pablo Astray e Gloria Iglesias animan á lectura deste libro convertido xa nun clásico imprescindible no noso club de lectura.
O vindeiro 7 de decembro recibiremos no noso centro á escritora Antía Yáñez coa que falaremos da súa obra Senlleiras.
Compartimos dous traballos realizados en formato booktrailers de Pablo Astray e Gloria Iglesias (1º Bach)
Karla Rivera (4º ESO) ofrecénos este intrigante booktrailer elaborado a parttir do libro de Arantza Portabales
Alia Castro (4º ESO B) anímanos a ler este libro de Rocío Leira cun traballado booktráiler:
Ariadna Fernández comparte este suxestivo book-trailer que nos anima a ler Memoria do silencio de Eva Mejuto. Esta historia lévanos ata as terras de Ribadavia, lugar onde as irmás Touza (tamén chamadas as "Schindler galegas") axudaron a centos de xudeus a fuxir dos nazis cruzando a fronteira de Portugal.
Ariadana Fernández fainos unha proposta desta interesante lectura a través deste suxestivo vídeo: