14 dic 2022
7 dic 2022
A VOLTAS CON SENLLEIRAS
Laura Vázquez de 1º Bach comparte unha presentación realizada sobre a obra de Antía Yáñez
2 dic 2022
MULLERES SENLLEIRAS
Seguimos cos traballos realizados polo alumnado sobre o libro Senlleiras de Antía Yáñez. Nesta ocasión, Salma Mariño realiza unha videorecensión onde nos convida a ler esta historia de mulleres senlleiras que non merecen ser esquecidas.
SENLLEIRAS (booktrailer)
O vindeiro 7 de decembro recibiremos no noso centro á escritora Antía Yáñez coa que falaremos da súa obra Senlleiras.
Compartimos dous traballos realizados en formato booktrailers de Pablo Astray e Gloria Iglesias (1º Bach)
24 feb 2022
FALANDO CON ANTÍA YÁÑEZ
O encontro que mantivemos coa escritora Antía Yáñez non puido ser máis interesante. Falounos do seu libro O misterio de Portomarín, da historia do encoro de Belesar e de como lle cambiou a vida á veciñanza do lugar. A través de fotografías antigas transportounos ao pasado para contarnos como era a vila antes do asolagamento. Soubemos que, coa chegada do encoro, parte das construcións foron trasladadas a outro emprazamento. Pareceunos moi curioso que a igrexa fose levada pedra a pedra ata unha nova ubicación.
Foi, sen dúbida, unha charla moi entretida na que aprendemos moito sobre o pasado de Portomarín e o proceso de elaboración dos libros. Rematamos esta pequena crónica agradecendo a Antía Yáñez a súa presenza no noso centro e a súa amabilidade e atención.
10 feb 2022
PREPARANDO O ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ
O vindeiro xoves, 17 de febreiro, a rapazada de 1º da ESO manterá un encontro literario coa escritora Antía Yáñez. É autora de obras como O misterio de Portomarín, Senlleiras, O misterio do torque de Burela, Be water, Plan de rescate, Non penses nun elefante rosa... Na súa traxectoria destacan os recoñecementos en forma de numerosos premios como o Illa Nova de Narrativa por Senlleiras ou O Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade que recaeu na obra Plan de rescate.
Ao Ies de Curtis vén para falarnos de O misterio de Portomarín, unha historia que nos leva de viaxe por esa vila de Lugo que cambiou radicalmente coa construción do encoro de Belesar.