20 jun 2023

18 jun 2023

LAS BICICLETAS SON PARA EL VERANO: CONOCER LA HISTORIA PARA NO REPETIRLA...

 

     Varios fendetestas de 4º de ESO hemos leído la obra teatral de Fernando Fernán Gómez Las bicicletas son para el verano, También hemos tenido la oportunidad de ver la versión cinematográfica. 

      Las guerras son siempre terribles y la que sufrió España entre 1936 y 1939 es un ejemplo más: nadie puede quedar impasible ante los hechos que suceden en la familia que protagoniza la obra de F. Fernán Gómez. Lo que Pablo y Luis ven como algo imposible cuando juegan al principio de la obra, sucede: la conversación final entre Luis y su padre, en el mismo lugar donde estaban jugando los muchachos en la escena inicial, muestra como la guerra destroza las ilusiones... Y las vidas. 

    La evolución en la vida de los personajes muestra las consecuencias dolorosas de ese enfrentamiento violento y difícil de entender entre dos maneras distintas de entender el mundo. Estos aspectos son los que han llamado nuestra atención: 

- La frustración de las ilusiones: Luis ya no va a seguir estudiando ni va a tener bicicleta... Y lo que le sucede a Manolita es todavía peor... Anselmo, doña Marcela... todos van perdiendo por el camino sus proyectos, sus ilusiones.

- La pérdida del bienestar económico, visible en la situación de la familia protagonista (criada, comida...).

- El hambre, que con su intensidad hace posible situaciones tan tristes como la creada alrededor de las lentejas. 


- La persecución y el odio tras el conflicto, visible en la "incierta" situación de don Luis en la escena final. 

- La capacidad de la literatura para decir tanto en tan poco. Y para ejemplo, el título de la obra, que cobra un nuevo sentido cuando acabamos de leer: el verano ya no es solo ese verano, sino que pasa a significar LA PAZ, LA LIBERTAD; igualmente, esa bicicleta que tanto deseaba Luis nos hace pensar en LAS ILUSIONES, LOS PROYECTOS... El mensaje del autor es rotundo: la posguerra aniquiló la libertad, la ilusión, los proyectos de los jóvenes... La guerra acabó en 1939, pero eso no supuso la llegada de la convivencia pacífica, respetuosa... El verano quedaba aun muy lejano... Tendrían que pasar décadas para volver a vivir libremente. 

CANDO A LITERATURA TEN SABOR: COMO AGUA PARA CHOCOLATE

 

     

   Una parte de los fendetestas de 4º ESO hemos acabado recientemente la lectura de Como agua para chocolate, de Laura Esquivel. 


   

Esta novela, que presenta un triángulo amoroso que recorre gran parte de la obra, nos ha permitido charlar acerca de los siguientes aspectos: 

- Hemos conocido en qué consiste el REALISMO MÁGICO... Y no nos ha parecido algo totalmente nuevo: en Galicia tenemos también cierta familiaridad con lo sobrenatural y para muestra está nuestra Santa Compaña... Los espíritus que caminan por la obra, junto con las consecuencias que en los personajes tienen hechos relacionados con  la elaboración de platos concretos son hechos que no pueden dejar a nadie impasible. 

- La mentalidad extremadamente conservadora del México de comienzos del siglo XX (revolución mexicana) y el carácter despótico de mamá Elena, que vive encerrada con sus hijas en ese espacio tan cerrado que es el rancho,  nos ha permitido reflexionar sobre la situación de la mujer antes y ahora. Afortunadamente, los cambios en este ámbito han sigo más que significativos y seguimos hacia delante. ¡Pero, cuidado, porque aun queda camino por recorrer en muchas partes del mundo!

- La fuerza del amor, que condiciona la vida de todos los personajes principales. 

- La importancia de la originalidad técnica a la hora de crear obras literarias: Laura Esquivel nos sorprende con el diseño de su novela, al dividirla en capítulos que arrancan con el resorte de diferentes recetas de cocina. Es realmente llamativo como lo culinario envuelve todos los elementos de la novela (temas, personajes, espacios...). Originalidad extrema... Y que nos ha abierto el apetito. 


16 jun 2023

FESTA DE BELTANE/ OS MAIOS: A PEDRA DO DESTINO/ COROACIÓN DO REI CARLOS DE INGLATERRA

 

    O profesor do Dep. de Inglés e coordinador do Club de Lectura, Jesús Iglesias, realizou unha exposición dramatizada acerca dos mitos celtas relacionados coa coroación dos monarcas británicos sobre a mítica Pedra, e a súa relación coa mitoloxía local, especificamente ao redor da noite de Beltane, a Torre de Breogán e a invasión de Irlanda. 

 



 

A exposición desenvolveuse a través dunha presentación de POWER POINT, acompañada de música e fragmentos de filmes, mediante unha peregrinación xeográfico-histórico-mitolóxica da mítica Pedra que percorreu a Xénese Bíblica (o sacrificio de Abraham, A Escaleira de Xacobe, Moisés e o tránsito do Mar Roxo, o Templo de Salomón...) a viaxe da Pedra polo norte de África e Península Ibérica xunto a Princesa Exipcia Scota (que deu nome a Escocia), ata chegar as terras celtas do Rei Breogán, A Coruña actual, a Invasión de Irlanda polos celtas segundo recolle o Lebor Ghabala (Libro das Invasións de Irlanda), a rebelión escocesa do Século XII o roubo da Pedra polo monarca inglés Eduardo I (o vilán do “Braveheart” de Mel Gibson), e a súa colocación baixo o trono da coroación na abadía de Westminster, onde todos os monarcas, incluído Macbeth, foron coroados dende entón. Rematamos coa referencia ao (entón) futuro Rei Carlos, e invitando aos alumnos a que se fixen cando coroen ao monarca no habitáculo que se atopa baixo o trono real.

13 jun 2023

SEN PIEDADE

  

Alia Castro ofrécenos unha nova videorecensión. Nesta ocasión a obra escollida é Sen piedade de Pedro Feijoo.



9 jun 2023

TAMBÉM LEMOS EM PORTUGUÊS

 



Este curso que xa case remata inauguramos no Club de Lectura Fendetestas  unha nova  sección en lingua  portuguesa. A introdución desta materia na oferta educativa do noso centro deunos o pulo necesario para asumir este novo reto.  O coñecemento de novas linguas  é un estímulo polas posibilidades comunicativas que nos abre e, á vez, unha base de  enriquecemento en tanto que nos permite coñecer outras culturas.

Comezamos con lecturas adaptadas con aclaracións de vocabulario, concretamente cunha escolma de  Contos Populares Portugueses e coa obra Contos com nível de Ana Sousa Martíns. Reproducimos a continuación valoracións das lectoras:

 

A lectura de Contos com nível pareceume forma moi sinxela de aprender portugués mediante anécdotas simpáticas e moralexas con retranca. Un dos relatos que  comentamos leva por título “Ironia vence a preguiça”. Nel relátase a historia de Tomás; un rapaz moi preguiceiro que xustificaba o pouco que traballaba utilizando unha filosofía de vida moi curiosa pois a calidade de vida para el era moi importante. Un bo día algo acontece con Tomás e a súa vida non volverá a ser a mesma…

Eu non asisto a clases de portugués e, a pesar diso,  resultou nunha lectura moi amena e perfectamente accesible. Recoméndoa a todo o mundo que queira aprender outra lingua ou que simplemente lle interese ampliar fronteiras.

                                                                                                                                     Salma Mariño

 

A creación  do club de lectura en portugués pareceume unha moi boa proposta, xa que é unha maneira para promover e aprender de maneira entretida un idioma tan próximo ao noso. Esta foi a primeira vez nas que tiven contacto con libros de lectura en portugués, pero debo dicir que son completamente comprensibles e moi fáciles de ler. Ademais de ser historias sinxelas son contos con certo humor que ofrecen unha lectura moi entretida e intrigante.

Un dos libros que lemos foi Contos Populares Portugueses,  unha serie de relatos sinxelos que narran historias populares. Para min un dos máis significativos foi “Comida sem sal” xa que representa moi ben que non todo é o que parece e que debemos pensar e reflexionar máis sobre o que dicimos e, sobre todo,  en como actuamos. Tamén me gustou moito “História do Grão de Milho”  xa que me lembrou a miña infancia co famoso conto de “Pulgarcito”, porque ambas historias son moi similares e ao protagonista ocórrelles practicamente o mesmo.

Outro relato destacable é ”Ironia Vence Preguiça”, incluído en Contos com  nível onde se narra moi ben como o exceso de preguiza  non é bo e aínda que non apeteza debemos esforzarnos en ser algo produtivos ao longo do día.

O formato destes libros inclúe un cadro con todos os significados de palabras máis difíciles con respecto á comprensión; deste xeito  a lectura faise moito máis fácil e rápida, sobre todo ao comezar cun novo idioma, xa que pode costar algo máis na comprensión de certas palabras.

                                                                                                                                                Laura Vázquez


8 jun 2023

A ONDE VAN OS PATOS NO INVERNO?

 

Alia Castro anímanos a ler un clásico da literatura universal: O vixia no centeo de  J. D. Salinger



4 jun 2023

O CURIOSO INCIDENTE...

      Sabela Martínez (1º Bach A) ofrécenos unha persoal e orixinal interpretación visual da obra de Mark Haddon. 



TI E MAIS EU (DRAMATIZACIÓN E BOOKTRAILER)

     Unha das lecturas que máis éxito colleitou entre o alumnado de 1º Bach foi, sen dúbida, Ti e mais eu de Niccolo Ammaniti. Compartimos unha orixinal dramatización e un  traballado booktrailer. 

    Animádevos a lelo, non vos defraudará!


 ´