O vindeiro xoves, 17 de febreiro, a rapazada de 1º da ESO manterá un encontro literario coa escritora Antía Yáñez. É autora de obras como O misterio de Portomarín, Senlleiras, O misterio do torque de Burela, Be water, Plan de rescate, Non penses nun elefante rosa... Na súa traxectoria destacan os recoñecementos en forma de numerosos premios como o Illa Nova de Narrativa por Senlleiras ou O Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade que recaeu na obra Plan de rescate.
Ao Ies de Curtis vén para falarnos de O misterio de Portomarín, unha historia que nos leva de viaxe por esa vila de Lugo que cambiou radicalmente coa construción do encoro de Belesar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario