3 jun 2026

PLUS JAMAIS ÇA!

 

     O Club de Lectura de Francés leu o libro de Nicolas Gerrier titulado Plus jamais ça! e quere compartir as súas impresións sobre a obra.

Plus jamais ça! est un livre qui raconte l’histoire de Lancelot Léger, un élève de 3ème à Metz. Il est toujours triste et il déteste aller au collège parce qu’il est victime de harcèlement de la part de quelques camarades de classe mais il préfère ne rien dire à personne. Lancelot a une passion, la chanson. Il adore chanter avec Aïcha, sa meilleure copine et ensemble, ils préparent un concours de chant. Pour lui, c'est une manière d’oublier le harcèlement quotidien. Un jour, un événement très grave les sépare et ils ne se parlent plus. Lancelot est seul.

Mais une excursion avec sa classe va lui changer la vie pour toujours… 

 


Resumo:

Plus jamais ça! é un libro que conta a historia de Lancelot, un alumno de 3º da ESO en Metz. Está sempre triste e odia o colexio porque é vítima de acoso escolar de parte dalgúns compañeiros de clase pero prefire non dicir nada a ninguén. 

Lancelot ten unha paixón, o canto. Adora cantar coa súa mellor amiga Aïcha e, xuntos, ensaian para presentarse a un concurso de canto. Para el é un xeito de esquecer o acoso diario. Un día, un acontecemento moi grave sepáraos e xa  non se falan. Lancelot está só.

Porén, unha saída coa súa clase vaille cambiar a vida para sempre…

 

Opinion personnelle:

 

Zoé

J’adore ce livre parce qu’il nous fait prendre conscience des situations de harcèlement scolaire et en même temps j’ai appris beaucoup de vocabulaire.

Tomás

J’ai trouvé ce livre très amusant parce qu’il est court, les chapitres sont intéressants et l’histoire est toujours pleine d’action.

Stefan

À mon avis, c’est un livre important car il parle du harcèlement scolaire. J’aime l’histoire de Lancelot parce qu’il devient plus courageux à la fin. Ça nous montre aussi qu’il faut respecter les autres.

 

Zoe

Adoro este libro xa que nos consciencia sobre as situacións de acoso escolar e ao mesmo tempo, aprendín moito vocabulario.

Tomás

Para min este libro é moi divertido porque é curto, os capitulos son interesantes e a historia está chea de acción.

Stefan

Para min é un libro importante porque fala do acoso escolar. Gústame a personaxe de Lancelot porque vólvese máis valente ao final. Ensínanos tamén a respectar aos demáis.

 

Zoé, Tomás et Stefan recommandent ce livre à tous les élèves de français, à partir de 3º de eso pour apprendre beaucoup de vocabulaire et parler ensemble du harcèlement scolaire.

 

Zoe, Tomás e Stefan recomendan este libro a todo o alumnado de francés, a partir de 3º da eso para aprender moito vocabulario e falar xuntas e xuntos do acoso escolar.

 

26 may 2026

POLAS TERRAS DE ROSALÍA

 

    Os rapaces de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato do IES de Curtis visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro e realizamos tamén un pequeno roteiro polas rúas de Padrón. Alí contemplamos a fermosa estatua que a autora ten na vila e casa da Rúa do Sol na que pasou parte da súa infancia. Despois de ver a Casa Museo nunha interesante visita guiada, desprazámonos ata o cemiterio da Adina para descubrir a placa que lembra que Rosalía estivo  alí soterrada antes de ser trasladada ao Panteón de Galegos Ilustres. 

En definitiva, foi unha saída ben interesante que nos serviu para mergullármonos de cheo na figura da nosa poeta máis universal. Sempre Rosalía! 

Velaquí unha breve crónica fotográfica da actividade. 


 



7 may 2026

LA NECESIDAD DE LEER PARADERO DESCONOCIDO

 


Si os ha gustado esta pequeña novela, podéis seguir leyendo... 




                                                                

24 abr 2026

REVOLUCIÓN DOS CRAVOS

Durante o mes de abril, os/as alumnos/as de portugués de 1ºBACH estiveron preparando unha exposición para conmemorar o 52 aniversario da Revolución dos Cravos portuguesa, que puxo fin a 48 anos de ditadura, a máis longa de Europa.

Cada grupo centrouse nunha disciplina artística concreta. Eis os resultados:

  • Filmes do 25 de Abril, por Antía Gómez e Iria Roade.

  • Poesia do 25 de Abril, por Gonzalo Espiñeira e Miguel González.

  • Música do 25 de Abril, por Carme Roel e Alba Sánchez.

  • Artes plásticas do 25 de Abril, por Lucía Oliver e Juliana Díaz.

25 de Abril sempre! Fascismo nunca máis!

22 abr 2026

PRIMEIRO QUERO LER, DESPOIS IGUAL LEO OUTRO POUCO E SEGURAMENTE ACABE LENDO...

 


Un ano máis festexamos o Día do Libro e, con tal motivo, algúns profesores e a nosa rapazada recoméndamosvos, a partir da experiencia lectora de cadaquén, títulos que vos poden ser ben proveitosos. Que vivan os libros! Que sería de nós sen ese tesouro tan cercano como marabilloso?

 

31 mar 2026

VISITA AO MUSEO DAS MARIÑAS E AO CASCO HISTÓRICO DE BETANZOS

      

    O pasado 26 de marzo a rapazada do IES de Curtis puido desfrutar dunha visita ao Museo das Mariñas e dun percorrido polo casco vello da  vila betanceira. A nosa guía Elena, técnica de cultura do Concello de Betanzos, acompañounos nunha visita ben entretida na que descubrimos moitos recunchos e datos ben interesantes. Moitas grazas pola súa simpatía e amabilidade!


 

25 mar 2026

ENCONTRO ENTRE OS LECTORES DE 2º DE ESO

     Rematadas as lecturas do trimestre, organizamos un encontro entre os lectores das obras elixidas: El rastro brillante del caracol, de Gemma Lienas e Diez negritos, de Agatha Christie. 



    Fixemos un interesante faladoiro arredor dos argumentos, das temáticas, dos personaxes e do fantástico manexo das técnicas do suspense en ámbalas dúas autoras. Velaquí algunhas das frases que saíron nesta agradable conversa e que agardamos que vos abran o apetito destas dúas saborosas novelas:  

Sobre El rastro brillante del caracol      

  • "Recomendo este libro xa que che axuda a entender a gravidade de falar con descoñecidos pola rede e tamen me gustou como se mezcla o romance có suspense."

  • "Recomendo este libro porque é moi pouco predecible e crea moita expectación e intriga."
  • "Recomendo este libro xa que nos da a entender un pouco máis a mente dos Asperger e intenta concienciar dos perigos das redes."
  • "Un dos grandes méritos da obra é que mestura o romance cunha intriga que non dos deixa   de  ler."

Sobre Diez negritos

  • "Lo que más me ha atraído de este libro es la intriga, el espacio incomunicadoo y el inesperado culpable de los crímenes."

10 mar 2026

SOBRE A ESCOLA E A EDUCACIÓN

As alumnas de Paula Carballeira é unha obra de teatro que nos fai reflexionar sobre a importancia da educación e a influencia dos docentes na formación da personalidade dos nenos e adolescentes. 

Comentarios en formato videorecensión de Laura García e Alexandra  Tomé e booktrailer de Paula Rey.



 

6 mar 2026

Lectura de Pardalita de Joana Estrela

Durante esta segunda avaliación, os/as alumnos/as de portugués de 1ºBach desfrutaron dunha lectura conxunta da banda deseñada Pardalita, da ilustradora e escritora portuguesa Joana Estrela. Con esta obra, que ten como tema central a descuberta da identidade durante a adolescencia, os/as alumnos/as puideron tamén coñecer expresións e vocabulario informal máis próximo á sua realidade e á sua forma de se comunicar no día a día. 

Despois da lectura, cada alumno/a escolleu o seu momento favorito da historia e acompañouno dunha imaxe do libro.

  • Iria Roade, 1º Bach-B: 
Uma das minhas partes favoritas é quando Raquel entra no grupo de teatro com a Pardalita. No início está muito nervosa e quase não fala, mas pouco a pouco vai encontrando um lugar onde pode estar sem fingir, onde se sente confortável sendo ela própria. Gosto desta parte porque mostra que crescer às vezes não é mudar de personalidade, mas encontrar um espaço onde pertencemos.


  • Miguel González, 1º Bach-B:
A minha parte favorita foi quando Raquel e a sua amiga Luísa cortaram o cabelo uma à outra. É divertida e marca um punto de inflexão na história.


  • Alba Sánchez, 1ºBach-A:

A parte da que mais gosto está na parte final do livro, na qual se descobre quem é a Pardalita. É a minha parte preferida já que até o momento em que a Raquel não faz referencia à rapariga chamando-lhe Pardalita não se sabe a que se refere o pseudónimo: se a um sentimento, a uma pessoa…

  •  Antía Gómez, 1º Bach-B:

A minha parte favorita do livro for o seu final, pois a Raquel mostra a sua grande mudança: termina uma relação na qual não se sente bem e descobre os seus sentimentos pela Pardalita. Um gesto cheio de valentia-

  •  Carme Roel, 1º Bach-B:

A minha parte favorita do livro é a do final onde Pardalita e Raquel terminam juntas falando e sentadas olhando para o mar porque porfim confesam os seus sentimentos e dá-se a entender que são correspondidas e terminam juntas. Além disso, nesta parte vemos o crescimento pessoal da Raquel e como aprendeu a gestionar os seus sentimentos, compreender o que sente e ver que não tem de ter vergonha ou medo por isso. Esta situação reflete a realidade emocional da adolescência.

  • Gonzalo Espiñeira, 1º Bach-B:
A minha parte favorita é quando Pardalita começa a perceber e a aceitar os seus sentimentos, mesmo sentindo medo do julgamento dos outros. Gosto deste momento porque mostra a vulnerabilidade da personagem de forma muito realista. Essa parte é especial porque representa o amadurecimento.
  • Juliana Díaz, 1º Bach-B:

A minha parte favorita é quando Raquel e Pardalita ficam juntas. Nesta cena, depois de todas as dúvidas e nervosismo, elas expressam os seus sentimentos e mostram que o amor é correspondido. Mostra o final feliz: a aceitação dos sentimentos de Raquel e a felicidade de poder estar com quem se ama. 

  •  Lucía Oliver, 1º Bach-B:
A minha parte favorita é o final da história, em que Raquel e Pardalita terminam juntas com os seus sentimentos declarados e partilhados. A última imagem do livro mostra às raparigas sentadas juntas, olhando para o mar. Isto mostra uma etapa da nossa vida que começa quando procuramos a nossa identidade e termina de tal forma que ficamos bem connosco mesmos.

26 feb 2026

O CLAN DAS BARBIES


 Estamos preparando a visita de Antía Yáñez coa que intercambiaremos impresións lectoras sobre as súas obras Senlleiras e O clan das barbies.

Compartimos algúns dos traballos realizados polo alumnado de 2º de bacharelato, en concreto  bootrailers de Uxía  Vázquez e Marta Cao. 


 

 


 

 

25 feb 2026

PEPERETADAS DE ENTROIDO (lemos e degustamos receitas tradicionais)

     

     O alumnado de portugués  recompilou e elaborou algunhas receitas tradicionais do Entroido do país veciño que puidemos saborear no concurso de Peperetadas (sección de Sobremesas Internacionais) que facemos no noso centro. Compartimos algúns dos vídeos nos que se poden ver os cociñeiros coas mans na masa.

 


 

 

20 feb 2026

LENDO E DEGUSTANDO RECEITAS DO ENTROIDO

 

    No Club de Lectura Fendetestas ademais das lecturas tradicionais tamén recollemos outras propostas lectoras en diferentes formatos. Un ano máis celebramos o Entroido galego recompilando receitas típicas desta celebración e incorporamos unha sección de sobremesas internacionais. As lecturas e as comidas serven como un nexo de integración das diferentes culturas, unha loa á diversidade que tanto nos enriquece como persoas. Velaquí unha mostra da reportaxe fotográfica da celebración.

 https://www.instagram.com/reel/DVMN_UDgIzO/

 



 


 



19 ene 2026

HAI MULLERES...


 

Ainara Castro comparte este booktrailer sobre o libro de Marilar Aleixandre que leva por título  As malas mulleres.