Mostrando entradas con la etiqueta Reunión inicial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reunión inicial. Mostrar todas las entradas

4 oct 2024

REUNIÓN INICIAL

      

    Os lectores e lectoras do IES de Curtis son cada vez máis numerosos. Este curso superamos amplamente os cen participantes, Seguimos a contar coa participación de diferentes departamentos ( Historia, Inglés, Orientación, Lingua Castelá, Lingua Galega, Portugués e Automoción) e damos continuidade ao proxecto iniciado o curso anterior coa introdución do grupo de adultos.  Dámoslles a benvida a todos e todas!

Compartimos fotografía da reunión inicial con parte do alumnado.



10 oct 2023

COMEZAMOS!

 

Iniciamos curso con moitas novidades.  Dámoslle a benvida a dous clubs temáticos centrados no misterio e no amor romántico e incorporamos como lectores alumnado de Ciclos.

As historias de intriga son un clásico nas escollas das lecturas de calquera club e nós non somos a excepción.  Cada ano tentamos incrementar, variar a oferta de lecturas que nos arrepían e complementalas con actividades. Este curso iremos un paso máis coa nova sección do club para frikis do misterio. Respecto á temática romántica imos ler obras nas que aparece un concepto de amor diferente do tradicional. Fuxiremos de estereotipos machistas e de relacións tóxicas. Outra novidade moi celebrada é a incorporación á aventura colectiva da lectura de alumnado de Ciclos Formativos, concretamente da rama de Automoción.


Cada ano somos máis (case non cabemos na foto da reunión inicial!). Boas e proveitosas lecturas a todos e todas!

5 oct 2023

REUNIÓN INICIAL


 

6 oct 2022

REUNIÓN INICIAL

 


30 oct 2021

11 oct 2021

COMEZAMOS!!!!!


 

24 oct 2020

REUNIÓN INICIAL

 Iniciamos este curso tan especial con moitas ganas de compartir vivencias e experiencias. O noso club vai medrando ano a ano coa incorporación de novos integrantes que declaran sen complexos ser afeccionados á lectura. Este ano somos case 56 alumnos e 7 profesoras !!!!

A xuntanza inicial, que adoitabamos realizar de maneira conxunta e masiva, tivo que adaptarse ás circunstancias nas que vivimos marcadas pola Covid. Para gardar a distancia social, que tanto nos condiciona e protexe nestes tempos tan especiais, vímonos obrigados a celebrar a reunión por fases en diferentes días. O mesmo aconteceu coa nosa tradicional foto conxunta que realizamos cos grupos acompañados de cadansúa profesora.  

De todos os xeitos, queremos deixar ben claro que estas atípicas circunstancias non van diminuír as nosas ganas de mergullarnos na maxia da lectura. Ademais estamos habilitando un novo espazo que cumpra con todas as medidas de seguridade celebrar as reunións.

Aquí vos deixamos a galería de fotos da reunión inicial. Boas e proveitosas lecturas a todos e todas!








 

23 oct 2020

COMEZAMOS CURSO


 

8 oct 2019

REUNIÓN INICIAL


15 oct 2018

UN CURSO MÁIS...

    
     Este curso estamos de aniversario. Fai xa dez anos que compartimos lecturas que nos ofrecen experiencias e impresións que nos enriquecen  axudándonos a ver cos ollos dos outros. 

    Somos case cincuenta rapaces e rapazas (dende 1º da ESO a 1º de bacharelato) e cinco profesoras (aproveitamos para dar a benvida  á nosa nova incorporación: Sonia Torreiro)  unidos polas ganas de ler e de mergullarnos en novas historias que nos trasladen no espazo e no tempo.

    
   
      Oxalá que as lecturas que seleccionemos este curso nos resulten  proveitosas, divertidas, adictivas, intrigantes, entretidas, motivadoras, integradoras...Daremos conta delas e das reflexións que nos susciten a través deste blog.

11 oct 2018

REUNIÓN INICIAL


12 oct 2017

UN ANO MÁIS

 


    Comezamos nova andaina no Club de Lectura Fendestestas. A ilusión por ler, compartir e intercambiar as nosas impresións son os  intereses que nos unen e que sustentan os obxectivos do noso club. Somos case sesenta persoas (cinco profesoras e cincuenta e catro alumnos e alumnas distribuídos en nove grupos) dispostas  unha vez máis a mergullarnos no pracer da lectura, accedendo aos múltiples mundos e historias que os libros nos ofrecen. 

    Como novidade, este ano iniciamos a sección de Cultura Clásica, coordinada por Hortensia Blanco  e a lectura en  Francés, guiada por Marisol Taboada. Tamén damos a benvida a outra  nova incorporación ao noso grupo de apaixonados pola lectura: Sandra Fernández, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura. 
    
    Felices e proveitosas lecturas!