Antía Sánchez (1º Bach B) ofrécenos un suxestivo booktráiler e unha recensión coa súa valoración sobre o libro de Arantxa Portabales. Animádesvos a descubrir o misterio?
Esta é unha novela da autora galega, ainda que nada no País Vasco, Arantza Portabales, quen escribe as súas obras tanto en castelán como en galego. Comezou a súa carreira escribindo microrrelatos e participando en concursos literarios con estas composición. O seu maior éxito ata o momento é a serie policiaca dos inspectores Abad e Barroso, composta por 3 novelas.
Asasinato na Casa Rosa foi publicada o 9 de xaneiro do 2025 en galego e pouco despois en castelán e da comezo á serie Os crimes de Loeiro, protagonizada polos inspectores Santaclara e Araujo. Esta obra está incluída dentro do xénero narrativo xa que é unha novela e máis en concreto pode ser clasificada como unha novela propia do subxénero literario do domestic noir, moi propio das novelas da recoñecidísima autora inglesa, Ágatha Christie.
A novela comeza coa morte, no 2020, de Rosa, nai da familia Villamor, entorno a que xira a historia completa. Rosa era a muller de Ulises Villamor un empresario millonario propietario da empresa sanitaria Asisgal, e tamén nai de tres fillos, Álvaro, Ada e Eduardo. A morte de Rosaocorre durante a pandemia e o estado de confinamento en Loeiro, unha pequena vila costeira de Galicia, mentres a familia ao completo, xunto cos dous fillos de Ada e coas respectivas parellas dos dous irmáns maiores, Álvaro e Ada, estaba residindo na gran mansión chamada a Casa Rosa. Catro anos despois, Ulises Villamor recibe unha imaxe que podería ser unha pista que descubrise ao culpable xa que comeza a sospeitar que foi alguén dos ocupantes da casa no momento do falecemento. Por iso decide contratar á inspectora de policía Iria Santaclara, quen se atopa fora de servicio para cuidar ao seu marido que se atopa en coma tras sufrir un ictus. Ao principio, cando recibe esta petición, négase pero este, tras investigar sobre a vida da inspectora, decide pagarlle un tratamento moi caro para axudarlle ao seu marido, polo que Iria, acepta e vai á Casa Rosa a investigar o sucedido. Durante a estancia da inspectora alí, vanse descubrindo segredos de todos os personaxes e facendo que cada un sexa máis misterioso que o anterior ata que a inspectora, con axuda do seu excompañeiro xubilado César Araujo, consegue atopar a causa da morte de Rosa.
Persoalmente esta novela sorprendeume moi gratamente xa que o xénero da novela negra non é un xénero que me atraia especialmente e non me soen gustar este tipo de historias. Porén, esta obra gustoume moito, tanto a trama en xeral coma o xogo que nos da a propia autora ao facernos sospeitar de todos e cada un dos personaxes e darlle un final tan pouco esperadocomo o é o desta novela. Polo tanto, esta obra é súper recomendable para todo tipo de perfil lector xa que é unha obra moi interesante que mestura temas do día a día como son o problema das herdanzas nas familias, a cobiza ou o diñeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario