Mostrando entradas con la etiqueta Roteiro literario. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Roteiro literario. Mostrar todas las entradas

26 may 2026

POLAS TERRAS DE ROSALÍA

 

    Os rapaces de 3º de ESO e de 1º de Bacharelato do IES de Curtis visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro e realizamos tamén un pequeno roteiro polas rúas de Padrón. Alí contemplamos a fermosa estatua que a autora ten na vila e casa da Rúa do Sol na que pasou parte da súa infancia. Despois de ver a Casa Museo nunha interesante visita guiada, desprazámonos ata o cemiterio da Adina para descubrir a placa que lembra que Rosalía estivo  alí soterrada antes de ser trasladada ao Panteón de Galegos Ilustres. 

En definitiva, foi unha saída ben interesante que nos serviu para mergullármonos de cheo na figura da nosa poeta máis universal. Sempre Rosalía! 

Velaquí unha breve crónica fotográfica da actividade. 


 



22 may 2023

ROTEIRO LITERARIO: A MEMORIA DA CHOIVA

 

Despois de ler  A Memoria da choiva de Pedro Feijoo o alumnado do Club de lectura de 4º ESO E 1º Bach realizamos unha visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro na localidade de Padrón o pasado 19 de maio.  Alí imaxinamos a escena final cando o asasino (Tino/ Xacobe/ Adriano) foi desenmascarado  e atrapado polo detective Aquiles Vega  nas dependencias da casa da autora.  Tamén nos fixamos na información que se ofrece na casa sobre os fillos de Rosalía e puxémola en relación cos datos que se dan na obra de Pedro Feijjoo. O feito de que a biografía da autora estea  envolta nun halo de misterio  fai que resulte  moi interesante coñecer pequenos datos que ofrezan algo de luz  entre as tebras. A lectura de A memoria da choiva e a visión de parte dos escenarios que aparecen na obra ofreceunos unha suxestiva ambientación.

A continuación, complementamos a visita cun percorrido polas rúas de Padrón despois de pasar polo cemiterio da Adina, (lugar onde estivo soterrada a escritora durante varios anos antes de ser trasladada ao Panteón dos Galegos Ilustres). Na vila contemplamos a  casa onde viviu Rosalía coa súa nai e a estatua que o pobo padronés lle dedicou á súa escritora máis universal.