Rematadas as lecturas do trimestre, organizamos un encontro entre os lectores das obras elixidas: El rastro brillante del caracol, de Gemma Lienas e Diez negritos, de Agatha Christie.
Fixemos un interesante faladoiro arredor dos argumentos, das temáticas, dos personaxes e do fantástico manexo das técnicas do suspense en ámbalas dúas autoras. Velaquí algunhas das frases que saíron nesta agradable conversa e que agardamos que vos abran o apetito destas dúas saborosas novelas:
Sobre El rastro brillante del caracol
- "Recomendo este libro xa que che axuda a entender a gravidade de falar con descoñecidos pola rede e tamen me gustou como se mezcla o romance có suspense."
- "Recomendo este libro porque é moi pouco predecible e crea moita expectación e intriga."
- "Recomendo este libro xa que nos da a entender un pouco máis a mente dos Asperger e intenta concienciar dos perigos das redes."
- "Un dos grandes méritos da obra é que mestura o romance cunha intriga que non dos deixa de ler."
Sobre Diez negritos
- "Lo que más me ha atraído de este libro es la intriga, el espacio incomunicadoo y el inesperado culpable de los crímenes."
No hay comentarios:
Publicar un comentario