Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas

6 mar 2026

Lectura de Pardalita de Joana Estrela

Durante esta segunda avaliación, os/as alumnos/as de portugués de 1ºBach desfrutaron dunha lectura conxunta da banda deseñada Pardalita, da ilustradora e escritora portuguesa Joana Estrela. Con esta obra, que ten como tema central a descuberta da identidade durante a adolescencia, os/as alumnos/as puideron tamén coñecer expresións e vocabulario informal máis próximo á sua realidade e á sua forma de se comunicar no día a día. 

Despois da lectura, cada alumno/a escolleu o seu momento favorito da historia e acompañouno dunha imaxe do libro.

  • Iria Roade, 1º Bach-B: 
Uma das minhas partes favoritas é quando Raquel entra no grupo de teatro com a Pardalita. No início está muito nervosa e quase não fala, mas pouco a pouco vai encontrando um lugar onde pode estar sem fingir, onde se sente confortável sendo ela própria. Gosto desta parte porque mostra que crescer às vezes não é mudar de personalidade, mas encontrar um espaço onde pertencemos.


  • Miguel González, 1º Bach-B:
A minha parte favorita foi quando Raquel e a sua amiga Luísa cortaram o cabelo uma à outra. É divertida e marca um punto de inflexão na história.


  • Alba Sánchez, 1ºBach-A:

A parte da que mais gosto está na parte final do livro, na qual se descobre quem é a Pardalita. É a minha parte preferida já que até o momento em que a Raquel não faz referencia à rapariga chamando-lhe Pardalita não se sabe a que se refere o pseudónimo: se a um sentimento, a uma pessoa…

  •  Antía Gómez, 1º Bach-B:

A minha parte favorita do livro for o seu final, pois a Raquel mostra a sua grande mudança: termina uma relação na qual não se sente bem e descobre os seus sentimentos pela Pardalita. Um gesto cheio de valentia-

  •  Carme Roel, 1º Bach-B:

A minha parte favorita do livro é a do final onde Pardalita e Raquel terminam juntas falando e sentadas olhando para o mar porque porfim confesam os seus sentimentos e dá-se a entender que são correspondidas e terminam juntas. Além disso, nesta parte vemos o crescimento pessoal da Raquel e como aprendeu a gestionar os seus sentimentos, compreender o que sente e ver que não tem de ter vergonha ou medo por isso. Esta situação reflete a realidade emocional da adolescência.

  • Gonzalo Espiñeira, 1º Bach-B:
A minha parte favorita é quando Pardalita começa a perceber e a aceitar os seus sentimentos, mesmo sentindo medo do julgamento dos outros. Gosto deste momento porque mostra a vulnerabilidade da personagem de forma muito realista. Essa parte é especial porque representa o amadurecimento.
  • Juliana Díaz, 1º Bach-B:

A minha parte favorita é quando Raquel e Pardalita ficam juntas. Nesta cena, depois de todas as dúvidas e nervosismo, elas expressam os seus sentimentos e mostram que o amor é correspondido. Mostra o final feliz: a aceitação dos sentimentos de Raquel e a felicidade de poder estar com quem se ama. 

  •  Lucía Oliver, 1º Bach-B:
A minha parte favorita é o final da história, em que Raquel e Pardalita terminam juntas com os seus sentimentos declarados e partilhados. A última imagem do livro mostra às raparigas sentadas juntas, olhando para o mar. Isto mostra uma etapa da nossa vida que começa quando procuramos a nossa identidade e termina de tal forma que ficamos bem connosco mesmos.

11 jun 2022

LECTURAS COMPARTIDAS: ENGURRAS E MARÍA E MAIS EU

 

A banda deseñada foi a opción escollida maioritariamente polos lectores de 4º ESO para este terceiro trimestre do curso.  As obras Engurras de Paco Roca e María e mais eu de Miguel Gallardo foron a base dun intercambio de lecturas compartidas nunha sesión conxunta que nos serviu para achegarnos á dúas enfermidades como son o autismo e o alzhéimer.

Os lectores de Engurras contaron como se somerxeron na realidade das residencias da terceira idade  a través das imaxes e das historias dos personaxes. Reflexionaron sobre a fraxilidade que caracteriza os anciáns e como desexan o afecto e o contacto cos seus familiares. Asemade decatáronse de como na sociedade actual existe pouca implicación coas persoas maiores e moitas veces son “colocados” nas residencias para non ter que pasar o traballo de coidalos.  Desde o punto de vista da técnica narrativa empregada polo autor chamoulles moito a atención como se ía cambiando do plano da realidade ao da percepción das mentes afectadas pola enfermidade.  


 

Os lectores de María e mais eu compartiron as súas impresións sobre este libro que nos achega dun xeito sinxelo ao mundo do autismo a través da historia desta rapaza. O libro ofrece unha interesante información sobre o xeito de comportarse das persoas que sofren esta enfermidade e a actitude  (moitas veces pouco comprensiva) que teñen os demais cara a eles. María necesita ter todo programado e ordenado na súa vida para sentirse segura. Deste xeito  os pictogramas que lle debuxa seu pai  delimitándolle as tarefas cada día sonlle de  gran axuda.

 

 

Dous libros conmovedores (con senllas versións cinematográficas) que nos permiten  achegarnos e entender mellor estas realidades.

25 ene 2022

OBÉLIX Y COMPAÑÍA

 

    O alumnado de 1º ESO A e B que escolleu como lectura o cómic OBÉLIX Y COMPAÑÍA quedou gratamente impresionado coas aventuras dos famosos galos. Velaí os seus comentarios.


    A min gustoume moito este cómic, ademais non é a primeira vez que leo as aventuras deste dous personaxes. Foi moi divertido ler  e ver as burradas que dicía Obélix. O meu personaxe favorito nesta aventura foi Julio César porque se estaba sempre queixando do que dicía o seu conselleiro.

Ismael Kasmi Ech Chihab, 1º ESO A

 

    Gustoume moito este cómic. Foi a primeira vez que lin as aventuras de Astérix e Obélix. Outra cousa que me gustou foi que a trama era moi divertida, moi creativa e tiña moita forza. Tamén me gustaron moito os personaxes, sobre todo Obélix porque era moi forte, valente e non lle tiña medo a nada.

Javier Sánchez, 1º ESO A


    Gustoume moito o cómic porque é bo de ler e ademais ten imaxes. Nunca lera un cómic e gustáronme todos os personaxes.

Hugo López Pérez, 1º ESO A

 

    Foi a primeira vez que lin un cómic. A verdade é que a min non me gusta moito ler, pero o cómic gustoume moito. Este fíxome moita graza ( O que máis me fixo rir foi cando a Astérix lle caeu unha pedra enriba da cabeza) porque sempre había liortas entre os romanos e os galos.

Tamén vin algunha película destes personaxes na casa cos meus pais e gustáronme moito.

Iván Abad Freire, 1º ESO A

 

    É  primeira vez que leo un cómic e gustoume moito porque me foi fácil de ler, ademais o cómic engancha e non podes parar de lelo.

Adrían Aller, 1º ESO A

 

    No es la primera vez que leo un cómic, pero sí uno de Astérix y Obélix y me ha gustado muchísimo. Lo que menos me ha gustado es que no nos explican para que sirven los menhires. Mi personaje preferido es Astérix y me encanta ese gorro que lleva.

Darío Verea, 1º ESO A

 

    Este cómic me gustó porque reproduce fielmente la película original. En parte me gustó tanto por ver la película.

Recomiendo la lectura de este cómica a las personas que no les gusta leer, ya que es una lectura básica, tiene poco texto, mucha imagen y se puede terminar en una hora. Le doy una puntuación de nueve sobre diez.

Samuel Miragaya, 1º ESO A

 

    Me gustó mucho porque me gustan los cómics. Los personajes son muy fuertes, ganan mucho dinero y se llaman imbécil todo el tiempo. Es muy divertido.

Daniel Fernández Valencia, 1º ESO A

 

    Obélix y compañía es un cómic de humor en el que se narran las divertidas aventuras de Obélix y Astérix. Hay varios libros sobre estos personajes y cada uno relata una historia diferente.

Este libro me gustó mucho porque mis libros favoritos, cómics... son los de temáticas cómicas ya que me gusta pasar un rato divertido leyendo.

Lucía Oliver Fontecoba, 1º ESO B

 

    Es la primera vez que leo un cómic y me gustó mucho ya que me recuerda la época en la que yo era un niño pequeño, de cinco o seis años, y los veía en la televisión.

Oussama Belhaddad, 1º ESO B

 


ASTÉRIX NOS XOGOS OLÍMPICOS

 


    O alumnado de 1º ESO A e B selecionou para comezar a súa andaina no Club de Lectura un libro de narrativa e dous cómics. O alumnado que escolleu Astérix nos xogos olímpicos fixo unha achega moi interesante, como se pode ver nas súas recensións, xa que algúns nunca se enfrontaran á lectura de cómic.


     O cómic Astérix nos xogos olímpicos non foi o primeiro que lin. O meu primeiro cómic foi un de Mortadelo y Filemón que había na barbería de Manuel, en Teixeiro.

    O cómic é bastante divertido, por iso me gustou. O que máis me dificultou a lectura foi que estivese en galego xa que eu estou habituado a ler cómic en castelán.

Andreuw Aguilar, 1º ESO B

 

    Pareceume un bo cómic e gustoume porque é entretido e divertido. Recoméndollo a todo o mundo polas súas divertidas batallas e accións.

Joel Mariño, 1º ESO A

 

    É primeiro cómic que leo e ao comezo non o entendín moi ben, pero logo gustoume moito. Pareceume moi divertido, sobre todo ao comezo que foi cando máis graza me fixo.

Daniel Roca, 1º ESO B

 

    Xa lera algunha das aventuras de Astérix e Obélix pois teño unha colección dos seus cómics. Este non o lera e gustoume moito, resultoume moi entretido. Ademais o tema dos xogos olímpicos é moi divertido.

Hugo Díaz Roca, 1º ESO B


8 nov 2013

CARTAS DE INVERNO

A lectura da versión en banda deseñada de  Cartas de inverno despertou moito entusiasmo entre os Fendetestas. Esta novela gráfica  de  Antón Seijas está baseada no libro de Agustín Fernández Paz.
 Aínda que non todos somos incondicionais da temática do misterio, a verdade é que estivemos de acordo en destacar o interesante e entretida que nos resultou esta obra. Comentamos que hai moitos elementos que dan medo; unha das partes máis   desacougantes é  cando a rapaza debuxada nun  gravado  se modifica ao  abrir o libro que o contén. Tamén  nos decatamos que produce máis temor o descoñecido que o que está perfectamente identificado. Por iso, parécenos que o autor optou por non aclarar totalmente o final. Así, nós pensamos máis, traballamos a imaxinación e iso fai que a historia sexa aínda máis inquietante.
Chamounos a atención a calidade dos debuxos e como o autor xoga cos diferentes tipos de letra.
En definitiva, gustounos moito a todos, e parécenos un libro moi recomendable para os afeccionados á temática do misterio e á banda deseñada.