O alumnado de 1º ESO A e B selecionou para comezar a súa andaina no Club de Lectura un libro de narrativa e dous cómics. O alumnado que escolleu Astérix nos xogos olímpicos fixo unha achega moi interesante, como se pode ver nas súas recensións, xa que algúns nunca se enfrontaran á lectura de cómic.
O cómic Astérix nos xogos olímpicos non foi o primeiro que lin. O meu
primeiro cómic foi un de Mortadelo y Filemón que había na barbería de Manuel,
en Teixeiro.
O cómic é bastante divertido, por iso me gustou. O que máis me dificultou a
lectura foi que estivese en galego xa que eu estou habituado a ler cómic en
castelán.
Andreuw Aguilar, 1º ESO B
Pareceume un bo cómic e gustoume porque é entretido e divertido.
Recoméndollo a todo o mundo polas súas divertidas batallas e accións.
Joel Mariño, 1º ESO A
É primeiro cómic que leo e ao comezo non o entendín moi ben, pero logo
gustoume moito. Pareceume moi divertido, sobre todo ao comezo que foi cando
máis graza me fixo.
Daniel Roca, 1º ESO B
Xa lera algunha das aventuras de Astérix e Obélix pois teño unha colección
dos seus cómics. Este non o lera e gustoume moito, resultoume moi entretido.
Ademais o tema dos xogos olímpicos é moi divertido.
Hugo Díaz Roca, 1º ESO B
No hay comentarios:
Publicar un comentario