25 ene 2022

O AGASALLO DE ANYA

 


    O agasallo de Anya foi o libro de narrativa escollido por outro grupo de alumnos de 1º ESO A e B. Este libro gustoulles moito e deixou unha forte pegada neles. Para as súas recensións as dúas primeiras alumnas utilizaron os rexistros que usan as protagonistas  no libro: o diario e o blog.


    Ola!

    Querido diario, hoxe, día 24 de novembro lin un libro chamado O agasallo de Anya. Chamoume moito a atención porque trata dunha nena que ten un diario onde conta o que lle sucede e o que fai no seu tempo libre. Ao mesmo tempo hai outra nena que tamén fai o mesmo pero usa un blog para expresarse e comunicar como se sente.

    A min non me desagradan este tipo de libros, pero prefiro os libros de intriga e medo xa que me fan pensar moito.

Paula Quintela Casal, 1º ESO B




Vera Castro González, 1º ESO A

 


    O libro gustoume porque é fácil de ler e pola historia que conta. Trata de dúas nenas, unha que vive en Galicia cunha vida desafogada e outra que vive nun país do leste nunha especie de orfanato. Gustoume como a autora vai enfiando as historia dos personaxes, o único que non me gustou foi o final xa que remata aberto.

Lois Blanco Díaz, 1º ESO A


  Ola a todos, preséntome son Ariadna Fernández unha estudante de primeiro curso de secundaria. Hoxe vouvos falar sobre o libro que vos puxen no título.

    Este libro pareceume moi entretido e tamén moi educativo, xa que conta a historia de dúas nenas moi diferentes: Anya que vive nun fogar de acollida e Xiana que vive coa súa familia.

    O que máis me gustou foi o cambio de actitude en Xiana ao decatarse a través da súa mestra, que antes fora mestra no fogar de acollida de Anya, da situación na que vivían eses nenos. Xiana organizou un mercado solidario para recadar cartos e doalos a eses nenos.

Ariadna Fernández, 1º ESO A

 

    O agasallo de Anya é un libro que me gustou bastante, aínda que habitualmente non leo en galego pero este libro é moi entretido e fácil de ler.

    Chamoume moito a atención o papel de cada personaxe, pero aínda máis o final da historia. O momento no que Xiana ao decatarse de que a súa profesora viaxa a un lugar onde os nenos precisan de todo, a cativa decide realizar un evento benéfico para recadar fondos e comprar recursos. Esta parte da historia foi moi emotiva.

    Outra parte que me encantou foi cando a señora maior que pertence á costa do Mar Negro lle regala a Anya a caixiña de conchiñas e pedras con diversas formas.

    Recoméndolle este libro a todas as persoas que lles guste ler.

Daniela Meijide García, 1º ESO A

 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario