Mostrando entradas con la etiqueta O agasallo de Anya. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O agasallo de Anya. Mostrar todas las entradas

25 ene 2022

O AGASALLO DE ANYA

 


    O agasallo de Anya foi o libro de narrativa escollido por outro grupo de alumnos de 1º ESO A e B. Este libro gustoulles moito e deixou unha forte pegada neles. Para as súas recensións as dúas primeiras alumnas utilizaron os rexistros que usan as protagonistas  no libro: o diario e o blog.


    Ola!

    Querido diario, hoxe, día 24 de novembro lin un libro chamado O agasallo de Anya. Chamoume moito a atención porque trata dunha nena que ten un diario onde conta o que lle sucede e o que fai no seu tempo libre. Ao mesmo tempo hai outra nena que tamén fai o mesmo pero usa un blog para expresarse e comunicar como se sente.

    A min non me desagradan este tipo de libros, pero prefiro os libros de intriga e medo xa que me fan pensar moito.

Paula Quintela Casal, 1º ESO B




Vera Castro González, 1º ESO A

 


    O libro gustoume porque é fácil de ler e pola historia que conta. Trata de dúas nenas, unha que vive en Galicia cunha vida desafogada e outra que vive nun país do leste nunha especie de orfanato. Gustoume como a autora vai enfiando as historia dos personaxes, o único que non me gustou foi o final xa que remata aberto.

Lois Blanco Díaz, 1º ESO A


  Ola a todos, preséntome son Ariadna Fernández unha estudante de primeiro curso de secundaria. Hoxe vouvos falar sobre o libro que vos puxen no título.

    Este libro pareceume moi entretido e tamén moi educativo, xa que conta a historia de dúas nenas moi diferentes: Anya que vive nun fogar de acollida e Xiana que vive coa súa familia.

    O que máis me gustou foi o cambio de actitude en Xiana ao decatarse a través da súa mestra, que antes fora mestra no fogar de acollida de Anya, da situación na que vivían eses nenos. Xiana organizou un mercado solidario para recadar cartos e doalos a eses nenos.

Ariadna Fernández, 1º ESO A

 

    O agasallo de Anya é un libro que me gustou bastante, aínda que habitualmente non leo en galego pero este libro é moi entretido e fácil de ler.

    Chamoume moito a atención o papel de cada personaxe, pero aínda máis o final da historia. O momento no que Xiana ao decatarse de que a súa profesora viaxa a un lugar onde os nenos precisan de todo, a cativa decide realizar un evento benéfico para recadar fondos e comprar recursos. Esta parte da historia foi moi emotiva.

    Outra parte que me encantou foi cando a señora maior que pertence á costa do Mar Negro lle regala a Anya a caixiña de conchiñas e pedras con diversas formas.

    Recoméndolle este libro a todas as persoas que lles guste ler.

Daniela Meijide García, 1º ESO A

 

 


20 abr 2018

O AGASALLO DE ANYA


      Vimos de ler, algúns dos fendetestas de 1º de ESO,  a noveliña O agasallo de Anya, de Sabela Núñez Singala. Pareceunos un relato tan sinxelo coma interesante: canto se pode dicir nun libriño tan pequeno! O certo é que nos serviu para recordarnos da sorte que temos por vivir nun país onde hai escolas e hospitais e nunha familia que nos permite poder escoitar e abrazar cada día aos nosos pais e irmáns. 

Resultado de imaxes para o agasallo de anya


Velaquí algunhas das nosas reflexións, expostas na tertulia posterior á lectura da novela: 

- Unha das cousas que máis me gustou do libro foi que onde vive Anya os nenos maiores ensinaban o que sabían aos pequenos. Nós, como temos profes....                                                  
Tamén me fixo pensar  que a Shasha non lle fixeran caso ó comenzo os rapaces españois: terían que acollelo doutro xeito.                                                                                           (Ari)          

- Que mal o pasan os nenos que viven en países coma o de Anya ou en Siria, én Israel ou en moitos países de Africa...                                                                                                           (Manuel)

Dentro das condicións en que viven eses nenos ucraínos, teñen a oportunidade de aprender cousas e de vivir con outros rapaces que lles van axudar a ser mellores... Descubren valores moi importantes na vida.                                                                                                      (Zoraida) 


25 ene 2017

HAI MILLEIROS DE ANYAS NO MUNDO...


  
        Os fendetestas de 1º ESO vimos de ler no que vai de trimestre unha  noveliña de Sabela Núñez Singala: O agasallo de Anya.  Nela compárase a vida dunha rapaza que vive rodeada de comodidades e de obxectos que non precisa, coa de outra nena ucraína que reside nunha especie de orfanato e que non ten case nada.  A verdade é que a historia é ben fermosa, pois axuda a ver que as comodidades e os obxectos materiais non son indispensables para estar feliz e que a actitude ante a vida é o que máis importa. A solidaridade e a empatía son valores moi importantes no libro e deberíano ser tamén na vida de cadaquén.


      Gústannos  este tipo de novelas que nos fan reflexionar sobre o que hai fóra de onde vivimos e nos empuxan para que valoremos o que temos.

- Cando lía o libro pensaba na cantidade de cousas materiais que temos e das que nos poderiamos desfacer: somos demasiado avariciosos e iso resulta moi inxusto para os máis desfavorecidos.  ZAIRA

- A historia destas dúas rapazas acaboume de convencer de que para ser feliz non necesito diñeiro a moreas...  
MARCOS

Que inxusto resulta que algúns teñan xoguetes a mancheas, tablets, roupa a capricho... !!!!! Mentres, aí fóra, hai rapaces e rapazas que non teñen  casa, nen pais que os mimen e eduquen. Temos moita sorte !!!!!
ADRIÁN


     Se accededes a esta dirección, poderedes informarvos máis acerca da inxusta distribución da riqueza no mundo:

13 may 2016

O AGASALLO DE ANYA


 Estamos preparando o encontro  que manteremos con Sabela Núñez Singala o próximo 23 de maio no Ies Enrique Muruais (A Pontenova). Os Fendetestas de 2º ESO elaboramos unha pequena presentación sobre o seu libro O agasallo de Anya.

15 feb 2016

O AGASALLO DE ANYA: COUSAS QUE PASAN NESTE MUNDO, NON NOUTRO


     Os fendetestas de 1º de ESO estamos a ler neste trimestre O agasallo de Anya, de Sabela Núñez Singala. Nesta noveliña vemos, a través do diario de Anya,  unha nena ucraína,  e do blog dunha rapaza galega, o diferente que pode ser a vida para un neno, segundo onde lle toque vivir. Anya vive nun centro con outros nenos: a nai tivo que emigrar para gañar cartos; Paula vive cos seus pais, ten unha familia normal e conta cunha morea de bens materiais na súa vida cotiá. Aínda así, habería que ver quen é máis feliz. 

       Velaquí algunhas reflexións dos fendetestas despois de ler esta fermosa historia asentada no contraste entre a vida dunha nena galega e doutra ucraína : 

- O agasallo de Anya pareceume un libro moi realista que nos fai pensar moito sobre os valores das persoas. Ensína que a xente máis desfavorecida pode ser  máis feliz cós que teñen as súas necesidades cubertas. 

      A historia desta rapaza ucraína ábrenos os ollos e fainos ver o lado máis difícil da realidade; así, dámonos conta de que ter unha casa e un leito quentiño onde durmir é para a protagonista un soño e algo marabilloso. Vemos tamén no libro que algo como ir de vacacións a un vello hospital onde se pasa frío e onde hai que traballar é todo un premio para eses nenos que viven sempre nun lugar e en condicións difíciles. Que mérito, que valentía ten Anya, seu irmán e todos os nenos que viven con ela!  

                                                                                               Uxía Sánchez, 1º ESO A

     Moito me gustou o libro de Sabela Núñez Singala. Cando o acabei de ler non podía deixar de pensar nos centos de nenos e nenas coma Anya,  que non ven os seus pais, que non teñen casa, nen libros, nen roupa propia... E resulta que isto tan terrible está a pasar neste mundo no que vivimos nós, non noutro distinto... Non entendo como toleramos que permita isto con xente que respira o mesmo aire ca nós. Non o entendo, de verdade. 

                                                                                                Noelia López, 1º B