Os fendetestas de 1º ESO vimos de ler no que vai de trimestre unha noveliña de Sabela Núñez Singala: O agasallo de Anya. Nela compárase a vida dunha rapaza que vive rodeada de comodidades e de obxectos que non precisa, coa de outra nena ucraína que reside nunha especie de orfanato e que non ten case nada. A verdade é que a historia é ben fermosa, pois axuda a ver que as comodidades e os obxectos materiais non son indispensables para estar feliz e que a actitude ante a vida é o que máis importa. A solidaridade e a empatía son valores moi importantes no libro e deberíano ser tamén na vida de cadaquén.
Gústannos este tipo de novelas que nos fan reflexionar sobre o que hai fóra de onde vivimos e nos empuxan para que valoremos o que temos.
- Cando lía o libro pensaba na cantidade de cousas materiais que temos e das que nos poderiamos desfacer: somos demasiado avariciosos e iso resulta moi inxusto para os máis desfavorecidos. ZAIRA
- A historia destas dúas rapazas acaboume de convencer de que para ser feliz non necesito diñeiro a moreas...
MARCOS
- Que inxusto resulta que algúns teñan xoguetes a mancheas, tablets, roupa a capricho... !!!!! Mentres, aí fóra, hai rapaces e rapazas que non teñen casa, nen pais que os mimen e eduquen. Temos moita sorte !!!!!
ADRIÁN
Se accededes a esta dirección, poderedes informarvos máis acerca da inxusta distribución da riqueza no mundo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario