Natalia Vázquez Sánchez (2º Bach) recomenda a lectura de Fantasmas de Luz de Agustín Fernández Paz.
Club de lectura do IES de Curtis
“Dicirlle á xente que non poden seguir vivindo sen ler un libro así, hai demasiada beleza nel para ignoralo”
Agustín Fernández Paz
Natalia Vázquez Sánchez (2º Bach) recomenda a lectura de Fantasmas de Luz de Agustín Fernández Paz.
A
lectura deste libro suscitou variadas reaccións. A algúns fíxoselles un pouco lento e non conseguiron conectar ben co tema. Malia
a iso, todos estivemos de acordo en que aprenderamos moitas cuestións relativas
ao xeito de vivir na ditadura que nos resultaron moi interesantes, cando non
sorprendentes. Os comentarios suscitados
polo libro foron variados: a importancia
da liberdade, a censura, as inxustizas asociadas aos réximes totalitarios, a defensa das propias ideas, os intentos de moldear os pensamentos dos rapaces… Asemade
xurdiu unha interesante reflexión: a transcendencia das vivencias das primeiras
etapas da vida no discorrer posterior. O que vivimos cando somos nenos e
adolescentes márcanos dun xeito indeleble aínda que non sexamos conscientes dese feito.
- O
caso do estraño empregado lévanos a unha funeraria, onde o
dono busca un axudante. O certo é que recibe a chamada dunha persoa
ben rara: despois de informarse sobre o que quere, pensa que é
o candidato ideal. O que non imaxina é que parece tratarse dun
vampiro: que listo, sabía ben o traballo que lle conviña!!
- Raquel
Souto é a protagonista de Noites de lúa chea:
trátase dunha rapaza que traballaba nun Salón de Beleza. Viu un
anuncio onde poñía: "Urxe manicura". Chamou e dirixiuse á
mañán seguinte á casa do cliente: era Arthur Wolfang, de raíces
nobres.
- Todo
comezou o día en que o protagonista cumpriu corenta e dous anos.
Levaba varios meses un pouco deprimido, pero a pesar diso non perdera
a esperanza e tiña a ilusión de que a súa vida ía cambiar para
mellor. O mesmo día do seu aniversario viu un anuncio que lle chamou
a atención: Duplicamos
todas, con ou sin mostra. Despois
de comprobar no xornal que esta era a primeira vez que o estraño
anuncio se publicaba, decidiu marcar o teléfono o concertar unha
cita para o día seguinte. Cando chegou alí, solicitoulle á persoa
responsabal que lle fixera unha chave da felicidade. O home díxolle
que non había problema, porque xa fixera varias copias cando unha
rapaza loura lle encargara o mesmo pedido. Dende ese momento, o
protagonista decidiu percorrer as rúas ollando para as rapazas
louras coa esperanza de atopala .