5 abr 2017

RINDO COS CONTOS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



 Os fendetestas de 1º de ESO sabemos que non hai moito foise un dos escritores de maior calidade da literatura galega: Agustín Fernández Paz. Nestes días, as profesoras de galego andan a traballar  nunha homenaxe a este novelista tan coñecido e admirado.
 Desde o club de lectura, nós tamén nos sumamos á súa iniciativa e  adicamos un par de sesións a falar dunha das súas obras máis coñecidas: Contos por palabras, onde crea relatos a partir de anuncios dos xornais. Velaquí o argumento dos que máis nos gustaron: animádevos a lelos!

- Ao comezo do libro o autor conta que era un gran lector de xornais, pero que non entende por que a xente anónima aparece tan pouco neles. Decidiu deixar de lelos e contoulle a unha amiga a súa preocupación: ela desengánao dicíndolle que non é certo o que pensa. Se lese os anuncios por palabras, daríase conta. E aí esta a orixe do libro: ao día seguinte compra o xornal e dase conta: detrás de cada anuncio hai unha historia. En Contos por palabras el vainas reconstruir…

- En Un artista do neón, o protagonista é un empregado dunha tenda que fai rótulos luminosos. O problema é que cando lles fan unha encarga a el non lle gusta nin a mensaxe do cartel nin a súa decoración: entón cámbiao todo... E, claro, algúns clientes acceden, pero outros póñense moi, pero que moi enfadados... Total que acábano despedindo. E el, que aínda hoxe está no paro, pensa que non van atopar ninguén tan bon  coma él. 

 - O caso do estraño empregado lévanos a unha funeraria, onde o dono busca un axudante. O certo é que recibe a chamada dunha persoa ben rara: despois de informarse sobre o que quere,  pensa que é o candidato ideal. O que non imaxina é que parece tratarse dun vampiro: que listo, sabía ben o traballo que lle conviña!! 
    E un relato que chama a atención porque é todo dialogado, pero so sabemos o que di o dono da funeraria: o que din do outro lado do teléfono témolo que imaxinar. 


- Raquel Souto é a protagonista de Noites de lúa chea: trátase dunha rapaza que traballaba nun Salón de Beleza. Viu un anuncio onde poñía: "Urxe manicura". Chamou e dirixiuse á mañán seguinte á casa do cliente: era Arthur Wolfang, de raíces nobres. 
A verdade é que a Raquel deulle que facer aquela manicura: o home tiña as uñas negras e grandes. O que non sabía ela é que ía ter que ir moitas veces facerlle o mesmo traballo: Sir Arthur tiña sobre si unha maldición e cada noite convertíase en lobishome.  Ao final ela desapareceu: namorouse de sir Arthur e casaron. 

- Todo comezou o día en que o protagonista cumpriu corenta e dous anos. Levaba varios meses un pouco deprimido, pero a pesar diso non perdera a esperanza e tiña a ilusión de que a súa vida ía cambiar para mellor. O mesmo día do seu aniversario viu un anuncio que lle chamou a atención: Duplicamos todas, con ou sin mostra. Despois de comprobar no xornal que esta era a primeira vez que o estraño anuncio se publicaba, decidiu marcar o teléfono o concertar unha cita para o día seguinte. Cando chegou alí, solicitoulle á persoa responsabal que lle fixera unha chave da felicidade. O home díxolle que non había problema, porque xa fixera varias copias cando unha rapaza loura lle encargara o mesmo pedido. Dende ese momento, o protagonista decidiu percorrer as rúas ollando para as rapazas louras coa esperanza de atopala .
Esta é a historia que se conta en Unha chave non é suficiente; gustoume porque me pareceu unha historia moi especial, cun toque de maxia relacionándoo co amor, que pode ser a chave da felicidade. 
                                                                                                         (Ángela Doval) 

- En O caso do unicornio azul,  Agustín Fernández Paz cóntanos a historia dun home que  ten unha axencia matrimonial. Un día solicitou os seus servizos unha cliente moi especial: unha unicornio que quería buscar parella. O dono da axencia fixo todo o posible por cumprir o encargo e iniciou a busca dun unicornio polas fragas. Polo momento, non foi quen de atopalo e fai un chamamento dirixido a calquera que poida ver un animal destas características.


Este conto gustoume pola orixinalidade da historia e ademais fíxome reflexionar sobre as especies en perigo de extinción e a importancia de ter descendencia.                                     (Idaira)

No hay comentarios:

Publicar un comentario