Nas semanas pasadas vimos a adaptación ao cine que R. Polanski fixo da novela Oliver Twist, de Charles Dickens.
Os feitos sitúanse no século XIX, do que nos separan máis dun cento de anos e sen embargo hai moitos problemas que seguen a formar parte do mundo actual: hoxe falamos da existencia de mafias que raptan nenos para que mendiguen ou para abusar deles, tamén as hai adicadas á prostitución de mulleres... Oliver Twist podería vivir no século XXI e non sería un extraño. Non credes?
Lemos estes días pasados un conto de Claude K. Dubois, Akim corre, no que se expoñen as consecuencias traumáticas da guerra nos máis pequenos. A través de fermosísimos debuxos e textos breves coñecemos a soidade de Akim, un neno que queda abandoado despois dun bombardeo; ha de valerse por sí so, fuxe, fano prisioneiro e ten que traballar... Finalmente pode marchar a un campo de refuxiados, onde por fin come, dorme e é tratado sen violencia. O remate é feliz: atopa a súa nai.
Non está lonxe Akim de Oliver Twist: a violencia, o egoísmo e a maldade segue contando entre as súas víctimas aos máis pequenos. Algo non funciona neste mundo que parece tan perfecto e adiantado...
No hay comentarios:
Publicar un comentario