"O enigma do menhir" está
narrado por unha muller que lembra os terribles feitos acontecidos cando, sendo unha rapaza, decidiu facer unha excursión acompañada dos seus
mellores amigos, Rosalía e Carlos, a un
lugar chamado Coto do Rei.
Finalmente só poden ir ela e Carlos e, entre
os dous rapaces parece xurdir unha certa atracción. No seu paseo a Coto do Rei ven un menhir
e ao seu carón atopan unha poza profunda
rodeada de dez pedras na que se atreven a introducir un brazo. Desa poza
saen unha especie de seres misteriosos que despois dun estraño ritual levan
consigo a Carlos. A moza protagonista
líbrase de ser capturada grazas a Rosalía, que, asustada pola tardanza dos seus
amigos decide pedir axuda e ir na súa procura.
Cando a moza, unha
vez recuperada, regresa á zona onde
desapareceu Carlos, atopa unha pequena pedra (a número once) que parece ter
esculpido o rostro do seu amigo.
Ata aquí un pequeno
resumo que elaboramos os Fendetestas dun dos grupos de 1º ESO. Na posta en común a impresión
xeral foi que o conto nos gustou moito a todos aínda que nos pareceu moi
fantástico e ata un pouco incrible. Para case todos a parte
máis interesante e emocionante
foi o final cando a protagonista regresa ao lugar dos feitos. Tamén comentamos que o desenlace nos resultou orixinal e sorprendente.
A lectura deste
relato de Agustín Fernández Paz serviunos deunos pé para facer unha pequena investigación que nos
permitiu lembrar ou aprender o que era
un dolmen e un menhir. Ambos son monumentos megalíticos funerarios, é dicir,
era a forma que tiñan os nosos antepasados de sinalar onde estaban enterrados
os seus familiares. Tamén investigamos un pouquiño sobre as lumias galegas (os seres misteriosos que atrapan a
Carlos) que son moi parecidas ás Korrigans irlandesas ou ás Lamignak
de Euskadi. Son seres que viven en covas ou lugares subterráneos, en ocasións baixo dolmens ou menhires.
Idaira, Ánxela,
Ángela, José Miguel, Daniel e Abraham de1º ESO A
No hay comentarios:
Publicar un comentario