A primeira actividade durante o primeiro trimestre foi
a presentación dun libro recomendado pola profesora, The Tattoist of Auschwitz de
Heather Morris, lendo algúns dos fragmentos máis significativos en inglés e
abrindo un debate sobre o significado do holocausto e a vida nos campos de
concentración.
A partir de aquí, cada un de nós realizou unha
presentación en inglés sobre un libro. Os títulos foron variados: The Hunger Games de Suzanne Collins, After
de Anna Todd, O Corazón de Xúpiter de Ledicia
Costas, El Rostro de la Sombra de Alfredo Gómez Cerdá, La
Tuneladora de Fernando Lalana e La Villa de las Telas
de Anne Jobs.
Por último eliximos un aspecto dos presentados en
Escocia e trasladámolo ó noso país, para facer un proxecto no que se destacasen
as diferenzas e similitudes. Os traballos desenvolvidos foron: lugares emblemáticos,
personaxes da nosa cultura, historia, comidas típicas, festivais e
celebracións.
Descubrimos un pequeno país pero con grandes cousas
que ofrecer e practicamente descoñecido para nós. Resultounos especialmente
interesante a cantidade de características comúns que compartimos aínda estando
tan lonxe.
Club de Lectura de Inglés de 2º ESO A e B
No hay comentarios:
Publicar un comentario