Mostrando entradas con la etiqueta Relatos de medo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Relatos de medo. Mostrar todas las entradas

18 dic 2013

FIN DE TRIMESTRE: REMATOU O TERROR

    
       Levamos uns días sen reunirnos os fendetestas de 1º de ESO: tivemos moitos exames... e entón o tempo para ler... simplemente deixou de existir. Pero hoxe, xa case de vacacións, queremos xuntarnos para facer un pequeno balance do trimestre.

      Lemos varios relatos de medo (La litera superior,  El hombre lobo...), comentámolos e algunhas veces continuámolos, como no caso de Frankenstein. Fixemos tamén unha presentación con monstruos coñecidos da literatura e do cine. Mañán colgaremola no noso blog. Agora deixámosvos as opinións dalgúns de nós sobre este primeiro tramo do camiño do club:

- "Gústame vir ao club porque alí disfruto cos meus amigos" (Lucía Vigo).
- "Me encanta el misterio y aquí he leído obras de este tipo" (Bianca Mirciu)
- "Además de reunirnos, aprendemos historias de la antigüedad clásica" (Olalla Corral)
- " Gústame ler e aquí atopo un espazo divertido para facelo" (Xana Cartón).
- " Nos relaja poder sentarnos y charlar tranquilamente sobre lo que leemos" (Jennifer Astray)
- " No club aprendo a expresarme mellor" (Ara Vázquez)

      Para rematar queremos deixarvos aquí o vídeo Thriller, de Michael Jackson, do que falamos tamén nas nosas terroríficas reunións deste trimestre.


23 oct 2013

POSTOS A ANDAR


   


Levamos xa unhas semanas de encontros cos diferentes grupos de Fendetestas. Como é habitual, arrincamos coas pertinentes presentación e coa agradable conversa sobre os gustos lectores de cada quen... 



 
 
Valéndonos da experiencia de anos pasados, estamos a ler diferentes textos relacionados coa temática de terror, suspense, misterio... O Samaín, Defuntos, Halloween están á volta da esquina e nós imos xa meténdonos en materia.