Mostrando entradas con la etiqueta emigrantes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emigrantes. Mostrar todas las entradas

12 may 2015

EMIGRANTES, DE SHAU TAN: O PODER DA IMAXE


         
Os alumnos de primeiro de BAC vimos de "ler" Emigrantes, de Shau Tan, unha orixinal historia sobre a emigración na que o lector ten que crear o seu propio texto a partir de impactantes imaxes sen cor. Nelas atopamos a historia dunha persoa que se ve obrigado a deixar a súa familia e a súa terra para poder gañar cartos.


             Ao longo do relato podemos atopar a mestura de imaxes realistas e fantasiosas, case irracionais (nun momento dado a persoa coñece a un ser extraño con forma de animal que vai simbolizar a amizade, a compañía...). Esta combinación apórtalle á obra a necesidade dun lector activo, capaz de interpretar o que o autor, ás veces, suxire e non conta.


          Chamounos a atención a dura crítica que se fai (sen palabras sempre) ó sistema capitalista, que trata ós habitantes das cidades como obxectos ao seu servizo.

Para rematar, gustaríanos subliñar a relación desta obra con outra que lemos anteriormente, La nieta del señor Linh, de P. Claudel: nas dúas aparece o drama da emigración e a necesidade do que ten que marchar de apoiarse nas súas raíces e na amizade (a última imaxe de Emigrantes podería facilmente acoller no seu marco a figura do señor Linh).

                             Nazaret, Aida, Lara, Daniel e Jorge

17 abr 2012

FALANDO SOBRE EMIGRANTES RUMANOS E MARROQUÍES...


Hoxe para rematar cos libros de Lalana (El paso del estrecho e Alfaya (El chico rumano, as alumnas de primeiro de ESO falamos sobre a inmigración rumana e marroquí: chegamos á conclusión de que están moito máis integrados os subsaharianos cós rumanos na vida cotiá dos españois. Seguro que tanto eles como nós podemos poñer máis da nosa parte.

Ao final da charla, vimos este vídeo do grupo Chambao, que fala sobre a dura experiencia da emigración. Certamente ábrenos os ollos a esa realidade que a ninguén lle gusta ver:


5 mar 2012

1º ESO: LENDO PARA REFLEXIONAR SOBRE O NOSO PRESENTE

  Nos dous grupos de 1º ESO, estamos a ler dous libros que tiñamos xa no club de lectura de anos anteriores: son El chico rumano e El paso del estrecho. Nas dúas obras aparece o problema da inmigración: os protagonistas son, nun caso un neno rumano víctima da explotación infantil e noutro,  un rapaz marroquí que logra salvarse de morrer afogado ao seren, el e os seus acompañantes, obrigados a saltar da barca coa que atravesan o estreito.

   Coa lectura estamos reflexionando sobre as dificultades da vida dos emigrantes e sobre o papel da educación para mellorar a acollida por parte nosa e a adaptación por parte de quen chega traendo consigo costumes distintas.