Mostrando entradas con la etiqueta semana cultural Xulia Santiso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta semana cultural Xulia Santiso. Mostrar todas las entradas

26 abr 2011

PASEANDO POLO MUNDO DE DONA EMILIA... DA MAN DE XULIA SANTISO


    Como sabedes, este curso adicamos unha boa cantidade de tempo no noso club á figura, á época e o traballo literario de dona Emilia Pardo Bazán. Entramos na sociedade de finais do século XIX e comenzos do XX, falamos de política, de costumes, do contraste  entre o campo e a cidade, da marxinación feminina na vida pública e doméstica, das modas literarias da época, do Naturalismo, da pegada do movemento na narrativa breve da autora... E de moitas outras cousas que foron saíndo ó fío das conversas dos fendetestas.


   
     Para rematar a nosa andadura polo mundo da autora coruñesa, invitamos á nosa biblioteca a conservadora da súa Casa Museo, Xulia Santiso. Case sen darnos conta, aparecemos paseando da man de dona Emilia pola súa época, pola súa vida e polos seus contos... Marabillosa viaxe, tanto pola súa amenidade como polo entusiasmo de quen nos guiou no percorrido.