11 dic 2009

A vampiro de Lazzaretto Nuovo


Un grupo de arqueólogos e investigadores italianos atoparon os restos dunha "muller vampiro" do século XVI na pequena illa veneciana de Lazzaretto Nuovo, no norte de Italia.

A cabeza da muller foi achada cun ladrillo na boca, o que se corresponde coas supersticiones da época, cando os habitantes desta zona de Italia adoitaban exorcizar así aos presuntos vampiros.

Segundo as lendas populares, os responsables da expansión da peste eran os vampiros. En tempos de peste, estes finxían que estaban mortos e, unha vez enterrados nas fosas comúns, extraían sangue aos demais cadáveres. Despois, cando xa recuperaran as forzas suficientes volvían saír á rúa para seguir estendendo a enfermidade e ter máis vítimas ás que chupar o sangue.

A crenza nos vampiros xurdiu por mor da rara descomposición que experimentaban os corpos de quen morrían por mor da peste, aos que lles seguía saíndo sangue pola boca a pesar de falecer.

Para rematar aos presuntos vampiros, os aldeáns introducían un ladrillo na boca do cadáver sospeitoso, evitando así que puidese chupar o sangue aos demais mortos, tal e como foi achado o corpo da suposta 'vampira italiana'.

No hay comentarios:

Publicar un comentario