13 abr 2010

OS NOSOS MEDOS...

Remataron as vacacións: os Fendetestas veñen novos, pletóricos, cheos de enerxía... Adicamos unha parte da primeira sesión do trimestre a mergullarnos nas novidades de lectura que ofrece a biblioteca Sarmiento, que non teñen desprezo (xa vos mostraremos as fotos en próximas entradas). Retomamos a obra de Xabier Docampo: o título vén da concorrencia de elementos temáticos e situacionais nos contos: a noite, o feito de buscar refuxio tras unha porta na escuridade e o medo...
Empezamos a falar dos medos de cada un, pero a pouco nos deu tempo, velaquí algúns dos nosos temores. Seguimos a semana vindeira. Ah! Imos empezar a ler El guardián entre el centeno. Animádevos e lede con nós: seguro que poñemos enriba da mesa discusións ben interesantes.

TEMOS MEDO Á SOEDADE, Á DOR, Á MORTE...

No hay comentarios:

Publicar un comentario