Rematamos a lectura dos Relatos escalofriantes. Deu moito de sí este libro: fíxonos rir (cun humor máis negro ca gris, eso sí), pero tamén nos fixo reflexionar moito sobre as persoas. Despois de ler e charlar sobre Mi querida esposa, Galloping Foxley, El cirujano, Tatuaje, Cordero asado, El campeón del mundo… démonos conta que Dahl fala nos seus contos dos defectos dos seres humanos: a avaricia, o engano, a violencia, o espíritu de superiodidade e mesmo o acoso… E se nos analizamos a nós mesmos? Cales son os nosos defectos e as nosas virtudes? A próxima semana falaremos diso.
Grupo de lectura de 1º de ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario