15 nov 2011

EN 2º ESO TAMÉN TEMOS CLUB DE LECTURA


Os rapaces e rapazas de 2º de ESO aos que nos gusta ler decidimos formar parte do club de lectura  Fendetestas. Algúns de nós xa repetimos experiencia e outros somos de nova incorporación. Únenos o gusto pola lectura  e o interese en comentar cos nosos compañeiros os libros que lemos. Este ano comezamos cunha selección de relatos de medo de Xosé Miranda e Agustín Fernández Paz. De momento nas reunións que tivemos, falamos das impresións que nos causaran as lecturas e de cal delas nos dera máis medo.  Agora imos investigar un pouco sobre estes autores e sobre a temática do terror na cultura galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario