Canto traballo na segunda metade de maio e no comenzo de xuño! As Fendetestas de 1º de ESO temos que parar xa co Club: temos moito traballo das diferentes áreas.
Pero non queremos marchar sen contarvos o que fixemos nas últimas semanas: como dentro do proxecto Interdisciplinar traballamos cos Xogos Olímpicos, entre todas decidimos ler Asterix en los Juegos Olímpicos e algún que outro título deste marabilloso personaxe.
Rimos abondo, porque o que lles acontece aos galos no poboado e dentro del non ten desperdicio... Pero tamén nos valeron estas lecturas para aprender: vimos que non só hai menhires entre os monumentos megalíticos, buscamos recursos de humor nestes cómics (vaia nomes máis graciosos: Cocidomadrilenix! ) e vimos os tipos de planos e enfoques na historieta gráfica e no cine... De todo un pouco.
Ben, isto remata... pero seguiremos lendo: queda todo o verán por diante, e con máis tempo libre que agora...
No hay comentarios:
Publicar un comentario