En 3º ESO (grupo C) lemos unha colección de contos co medo e o suspense como punto en común: leva por título Non cantan paxaros neste bosque e o seu autor é Carlos Negro. Xa coñeciamos algún libro de poemas seu, pero non sabiamos da súa faceta como narrador.
Despois de charlar sobre a obra (que relatos nos gustaron máis e por que) decidimos facer unha selección de imaxes e un pequeno texto sobre cada conto para invitar aos que non coñecen o libro a que o abran e se poñan a ler... Cando pasedes por diante do taboleiro da entrada da biblioteca, parade, lede e escollede unha das historias de Carlos Negro.
Na biblioteca prestaranvos o libro onde podedes encontrala: non vos defraudará!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario