18 mar 2024

O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS

  

María Bello e Andrés Caínzos achégannos á estadía de Van Gogh en Auvers (Francia) a través da lectura do libro de Marcos Calveiro.






6 mar 2024

SOBRE AS LÁGRIMAS DE SHIVA

 



Esta historia tan bonita de Javier e Violeta é moi misteriosa. Ao longo da novela coñeces a máis personaxes que van axudando a resolver o gran misterio de Isabel Obregón, unha muller que marchara a noite antes da súa voda xunto cunha reliquia coñecida como "As lágrimas de Shiva", e nunca regresan, nin ela nin a súa reliquia. Esta novela  tamén ten unha parte de comedia e iso é bastante divertido. Nós cremos que é unha boa novela para a xente da nosa idade.

Marta Díaz, Macarena García, Lucía Villamor e Gabriel Vigo (2º ESO)

 




Este libro trata dun rapaz chamado Xavier que vai pasar as vacacións de verán en Cantabria, na casa dos seus tíos, xa que o seu pai está enfermo e a súa nai ten medo de que Xavier e o seu irmán poidan contaxiarse. Unha vez instalado na casa dos seus tíos sente unha presenza e Xavier xunto coa súa prima Violeta descobren que é un antepasado da familia pedindo axuda por algo que ocorreu hai moito tempo.

Traballo de Noé Mariño e Nadia Sánchez (2º ESO)