3 dic 2025

CONTOS E LENDAS DE PORTUGAL

     

    Este libro recolle algunhas das lendas e contos que percorren o país veciño de norte a sur. Foron compiladas por Sara Martins e ilustradas por Raquel Russo. Son fermosas historias caracterizadas  pola súa brevidade e polo feito de que todas deixan un pouso de reflexión.


 

    Compartimos a continuación un resumo e comentario de algunhas das que nos pareceron máis interesantes:

A ferradura e as cerejas 

Un campesiño desfrutaba levando o seu fillo a pasear na fin de semana para ensinarlle cousas novas. Un día encontraron unha ferradura no camiño e o pai pediulle o fillo que a apañase. O fillo díxolle que non valía a pena coller un obxecto vello e que non lles ía servir de nada;  o rapaz era preguiceiro e non quixo baixarse a recollela. Pero o pai gardouna e, cando chegaron á aldea, vendeuna. Coas moedas que gañou comprou unhas cereixas, e volvendo á casa foi tirándoas polo camiño facendo que o fillo se baixase para collelas.

Este é um texto que, a pesar de ser breve, ensina umas interessantes lições, em específico a não desaproveitar as coisas que oferece o "caminho", que se refire à vida. 

A lenda da Serra da Estrela

Esta lenda cóntanos a historia dun pastor que falaba cunha estrela. Cando o rei soubo deste feito pediulle que lle dera a estrela e que a cambio podería ter moitas xoias e ouro. Pero o pastor non aceptou a oferta xa que pensaba que a súa estrela tiña máis valor que todas esas riquezas.

Esta história faz reflexionar sobre o feito de que, tanto o rei como o pastor, valoravam mais a estrela que as riquezas que tinham ou que poderiam ter, é dizer que não tudo o material é o mais importante.

A lenda da sopa de pedra

Un frade pobre andaba pedindo esmola e un día foi á casa dun labrador e este negouse a darlle de comer. O pobre dixo que entón ía facer un caldo de pedra pero comezou a pedirlle distintas cousas para botarlle: aceite, sal, verzas e chourizo. O campesino sen decatarse da treta foi accedendo a darlle os alimentos que este pedía e deste xeito foise completando o caldo.

Gostamos muito desta lenda já que o frade comeu tudo o que queria usando a sua inteligência.


Alba, Noa, Sara, Xiana e Antón

4º ESO Português