8 dic 2025

ENDEREZO DESCOÑECIDO (CARTAS QUE SE ROMPEN)

     

    Os fendetestas de 3º ESO A leron neste primeiro trimestre do curso a obra Enderezo descoñecido de Kressmann Taylor. Compartimos no blog un booktráiler elaborado por Ainhoa Seijas e un comentario- recensión de Celtia Lúa Sampedro.


 

Booktráiler: https://www.instagram.com/reel/DSA8j5YinEM/?utm_source=ig_web_button_share_sheet&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

Comentario-recensión: Escollín o libro de Enderezo descoñecido  porque era  unha proposta do  club de lectura do meu centro, aínda que tamén foi porque me pareceu un libro cunha portada bonita e que podería ser interesante.

Vou compartir un  breve comentario sobre o libro usando só  cinco adxectivos.   Enderezo descoñecido foi para min unha lectura...

(Moi) intrigante: xa que sempre estiven esperando para saber que diría cada carta e que faría cada personaxe co seu destino,

Impresionante: por todo o que sucede durante a obra, por exemplo cando Max cal se decata de cal fora o tráxico  destino súa irmá ,

Curta: ten moi pouquiñas páxinas (80) pero aínda así danse relatado moitos feitos  nunha extensión moi reducida.

Educativa:  porque nos conta o como era a sociedade de antes e serve para entender a época nazi.

Realista: debido a que o que se relata na historia é algo que pasou hai tempo e que facilmente podería volver a suceder.

Dramática: porque fala de moitos sentimentos, por exemplo, da tristeza do amigo xudeu que lle escribía ao seu amigo alemán pero este non lle facía caso.

Eu creo que lle recomendaría esta obra a nenos e nenas da ESO, xa que trata sobre un tema delicado que ocorreu de verdade e do cal moitos non están informados. Con este libro poden chegar a entender o que pasaba naquel tempo.

Sinto que podería levar outro título como por exemplo: “Cartas que se rompen” porque conta como a amizade de dous homes se vai rompendo mediante as cartas que se envían polos pensamentos de ambos, facéndose dano o un ao outro e rematando con  algo que algún día tivo moito valor para os dous.

No hay comentarios:

Publicar un comentario