26 feb 2026

O CLAN DAS BARBIES


 Estamos preparando a visita de Antía Yáñez coa que intercambiaremos impresión lectoras sobre as súas obras Senlleiras e O clan das barbies.

Compartimos algúns dos traballos realizados polo alumnado de 2º de bacharelato, en concreto  bootrailers de Uxía  Vázquez e Marta Cao. 


 

 


 

 

20 feb 2026

LENDO E DEGUSTANDO RECEITAS DO ENTROIDO

 

    No Club de Lectura Fendetestas ademais das lecturas tradicionais tamén recollemos outras propostas lectoras en diferentes formatos. Un ano máis celebramos o Entroido galego recompilando receitas típicas desta celebración e incorporamos unha sección de sobremesas internacionais. As lecturas e as comidas serven como un nexo de integración das diferentes culturas, unha loa á diversidade que tanto nos enriquece como persoas. Velaquí unha mostra da reportaxe fotográfica da celebración.

 https://www.instagram.com/reel/DVMN_UDgIzO/