Mostrando entradas con la etiqueta A rateira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A rateira. Mostrar todas las entradas

12 feb 2014

FALAMOS SOBRE A RATEIRA E AGATHA CHRISTIE

 
  A lectura deste clásico da literatura universal pódese dicir que nos resultou, cando menos, sorprendente. Chamounos a atención como a autora xoga coa sombra da sospeita  e fai que desconfiemos de todos e cada un dos personaxes. As descricións   destes están pensadas para confundir e crear incertidume e, a verdade é que o consegue.
Tamén falamos da atmosfera de medo presente ao longo da obra (a canción, a neve, a propia casa...)  dende o noso punto de vista, perfectamente lograda. 
Os personaxes, aparentemente
descoñecidos entre si, resultan estar unidos por un misterioso suceso. Respecto ao final   e a conseguinte resolución do misterio,  a verdade  é  que ningún de nós imaxinamos como ía rematar. Sorprendeunos totalmente e pensamos que niso reside a     calidade e orixinalidade desta obra.
Destacamos, sen dúbida, que é unha lectura totalmente actual a pesar dos anos que leva escrita. Nós recomendámosllela a todos os afeccionados ao misterio  e ás lecturas que te atrapan.
 
                                      Daniel, Deborah e Sonia

16 dic 2013

A RATEIRA

Os Fendestestas de 3º e 4º estamos lendo A rateira, unha obra teatral  escrita por Agatha Christie. Entre exame e exame reservamos un anaquiño para sumerxirnos no misterio das mans dunha  verdadeira especialista no xénero.  Antes de darvos conta  das nosas impresións sobre este clásico da literatura universal deixámosvos este tráiler dunha das versión da obra. Aproveitamos para  lembrar que The Mousetrap ten o récord de permanencia en carteleira na cidade de   Londres, con máis de 20.000 representacións dende  o ano 1952 ata a actualidade. Neste enlace podedes atopar máis información sobre Agatha Christie.