12 feb 2014

FALAMOS SOBRE A RATEIRA E AGATHA CHRISTIE

 
  A lectura deste clásico da literatura universal pódese dicir que nos resultou, cando menos, sorprendente. Chamounos a atención como a autora xoga coa sombra da sospeita  e fai que desconfiemos de todos e cada un dos personaxes. As descricións   destes están pensadas para confundir e crear incertidume e, a verdade é que o consegue.
Tamén falamos da atmosfera de medo presente ao longo da obra (a canción, a neve, a propia casa...)  dende o noso punto de vista, perfectamente lograda. 
Os personaxes, aparentemente
descoñecidos entre si, resultan estar unidos por un misterioso suceso. Respecto ao final   e a conseguinte resolución do misterio,  a verdade  é  que ningún de nós imaxinamos como ía rematar. Sorprendeunos totalmente e pensamos que niso reside a     calidade e orixinalidade desta obra.
Destacamos, sen dúbida, que é unha lectura totalmente actual a pesar dos anos que leva escrita. Nós recomendámosllela a todos os afeccionados ao misterio  e ás lecturas que te atrapan.
 
                                      Daniel, Deborah e Sonia

No hay comentarios:

Publicar un comentario