28 feb 2014

ENTRE NÓS... PACO ROCA

A pasada semana estivo no noso IES o escritor e ilustrador Paco Roca, autor de Arrugas. Ainda que non tivemos tempo de coñecer a súa obra e toda a súa tarefa no mundo da literatura e da ilustración, descubrimos que fixo unha versión ilustrada de La metamorfosis, narración que rematamos hai unhas semanas. Preguntámoslle, durante o encontro, pola portada do libro, e explicounos o seu significado: todos temos unha apariencia exterior, pero dentro hai outro eu, que ás veces, consciente ou inconscientemente, sae afora...

Agora estamos a ler Arrugas... E estamos tan, tan sorprendidos que non sabemos que dicir. A ternura e a crúa realidade están tan mesturadas que temos un auténtico rebumbio de emocións dentro de nós: temos moito do que falar... O caso é... ¿Está tan lonxe Emilio de G. Samsa? Aí o deixamos: na próxima sesión tentaremos poñer en orde todos os sentimentos e ideas que hoxe levamos con nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario