Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca González Garcés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biblioteca González Garcés. Mostrar todas las entradas

11 may 2017

DE VISITA NA BIBLIOTECA PÚBLICA M. GONZÁLEZ GARCÉS

 
 O pasado 26 de abril os fendetestas de todos os cursos de ESO e de 1º de Bacharelato (os de 2º Bac andan un pouco apurados cos exames) visitamos a biblioteca pública Miguel González Garcés , dependente da Xunta, , que se atopa na cidade de A Coruña.

      Alí poidemos ver as diferenzas entre unha biblioteca escolar -a que temos no noso instituto- e unha biblioteca pública: é un espazo tan grande! Non só poidemos ver todas as  salas e zonas nas que están organizados os fondos (moitos máis cós que temos nós, loxicamente), senón que por primeira vez visitamos os depósitos e soubemos da existencia dos "compactos", para aforrar espazo e para conservar os materiais gardados. 

     Por outra banda, explicáronnos como facernos socios da biblioteca e acceder así á plataforma de préstamo de libros electrónicos: o certo é que resulta algo moi útil e cómodo para os que conten con ese dispositivo. 

     Como somos unha Biblioteca Amiga, participamos a través desta visita nun concurso relacionado con Camilo José Cela e José Luis Sampedro, promovido pola Deputación de Guadalajara e destinado á busca de información e á localización de títulos destes autores nos andeis: se nos toca, algún de nós poderá ir pasar uns días a esa provincia... A ver se hai sorte!  


     Coma sempre, o mundo dos libros pareceunos marabilloso! Non sabiamos a onde mirar! Por certo, grazas a Elena e ao equipo de xente que a acompañou para guiar a nosa visita: se xa o espazo nos resultou grato, o trato que elas nos dispensaron fixo que nos sentiramos moi, moi a gusto.