O pasado 26 de abril os fendetestas de todos os cursos de ESO e de 1º de Bacharelato (os de 2º Bac andan un pouco apurados cos exames) visitamos a biblioteca pública Miguel González Garcés , dependente da Xunta, , que se atopa na cidade de A Coruña.
Alí poidemos ver as diferenzas entre unha biblioteca escolar -a que temos no noso instituto- e unha biblioteca pública: é un espazo tan grande! Non só poidemos ver todas as salas e zonas nas que están organizados os fondos (moitos máis cós que temos nós, loxicamente), senón que por primeira vez visitamos os depósitos e soubemos da existencia dos "compactos", para aforrar espazo e para conservar os materiais gardados.
Por outra banda, explicáronnos como facernos socios da biblioteca e acceder así á plataforma de préstamo de libros electrónicos: o certo é que resulta algo moi útil e cómodo para os que conten con ese dispositivo.
Como somos unha Biblioteca Amiga, participamos a través desta visita nun concurso relacionado con Camilo José Cela e José Luis Sampedro, promovido pola Deputación de Guadalajara e destinado á busca de información e á localización de títulos destes autores nos andeis: se nos toca, algún de nós poderá ir pasar uns días a esa provincia... A ver se hai sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario