Velaquí vos deixamos a entrevista que lle fixemos os Fendetestas a Carlos Negro dentro da nosa Semana Cultural.
Mostrando entradas con la etiqueta Makinaria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Makinaria. Mostrar todas las entradas
8 abr 2013
UNHA TARDE DE POESÍA PARA NON ESQUECER...
Aquí vos deixamos unha montaxe como mostra do noso encontro co poeta Carlos Negro, o pasado 18 de marzo. Realmente fíxonos pasar unha tarde ben entretida, subidos nesa obra tan próxima a nós que é Makinaria, e percorrendo a todo gas o que pode ser, ou non ser, o futuro despois dunha curva...
21 mar 2013
ENCONTRO CO POETA: VERSOS A TODO GAS
O pasado luns, 18 de marzo, tivemos a gran sorte de recibir na nosa biblioteca o poeta Carlos Negro. Cos seus versos e co seu entusiasmo pola poesía levounos a todo gas polas corredoiras e canteiras de Makinaria, ese mundo creado por el onde a adrenalina, a velocidade, o ligue, a música...e o perigo e as bágoas, van sentados nos asientos dianteiros dese bólido que é a xuventude.
Grazas, Carlos, por facernos sentir tan preto o que a cotío sentimos tan lonxe.
8 mar 2013
XUVENTUDE, VELOCIDADE, MÚSICA, ROLLITO E... PERIGO!
Xa lemos os poemas de Makinaria e querémosvos falar deste libro que non nos deixou indiferentes. Ó longo de todo o libro están presentes os mozos, os coches, a velocidade, a música tecno, o rollito sentimental... e a morte como algo que pode estar en calquer curva de calquera sábado pola noite. Tamén, segundo imos lendo, van adquirindo maior presenza os pais.
Tres cousas nos chamaron moito a atención:
- Que esta obra, feita por un adulto, hai que dicilo, vaia envolvéndonos e levándonos con ela case como se formásemos parte dos poemas. Nós pensamos que efectivamente estamos neles, son pedazos de experiencias que podería vivir calquera de nós.
- Que cando imos xa a toda velocidade, metidos de cheo no ritmo tolo, vertixinoso dos poemas, "batamos" coas dúas últimas partes (061 e Game Over) de Makinaria: parecéronnos mensaxes tan fermosos como impactantes. O efecto de choque, de chamada de atención é tan violento que o sorriso e o gozo dos poemas anteriores quedou xeado nos nosos beizos. Se o autor pretende facer unha chamada de atención ós lectores, o obxectivo está totalmente conseguido.
- O autor verte nas poesías de Makinaria ingredientes de diversa índole: ritmo, velocidade, videoxogos, amor, desgraza... e MOITA MÚSICA. Por certo, chamounos a atención a referencia inicial do libro a Bruce Springsteen e dous poemas que levan título de dúas cancións súas. Cómpre dicir que a maior parte de nós non o coñeciamos... para sorpresa da nosa profesora!. Adicamos unha sesión a poñernos ao día sobre o tema. Velaquí dous vídeos: un de presentación, onde aparece unha das cancións máis coñecidas do rockeiro, e outro que recolle a canción que serve de título a un dos poemas do libro.
Por certo... o vindeiro luns, 18 de marzo, estará connosco Carlos Negro no instituto para falarnos da súa obra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)