11 jun 2022

O DERRADEIRO LIBRO DE ENMA OLSEN (E A DERRADEIRA ENTREVISTA)

  

Un dos grupos do Club de Lectura  de 4º ESO escollemos para rematar o curso a obra O derradeiro libro de Enma Olsen de Berta Dávila. Algunhas lémola na versión novela e outras na de banda deseñada.

Enma Olsen é unha escritora enferma de cancro que  regresa  á súa localidade natal  acompañada da súa filla para reencontrarse co seu pasado e cun  tráxico acontecemento da súa adolescencia que a marcou ao longo de toda a súa vida.

A lectura resultounos impresionante e tamén un chisco desacougante. A idea de  facer unha falsa biografía dunha escritora que non existiu é un dos alicientes desta orixinal obra. Falamos da metaliteratura e de como a autora mesturou a realidade e a ficción. As referencias á traxedia do Challeguer ou á descuberta do dinosauro de Faith (cidade norteamericana onde se ambienta a obra) foron feitos reais que serven de fondo á historia de ficción centrada na adolescencia da escritora. Un relato moi alternativo e singular onde aparecen temas como a hipocrisía social, os convencionalismos, o concepto tradicional de familia, a amizade ou a morte. A pesar da súa brevidade, é un libro que reflexiona de maneira moi completa  sobre as complexas relacións persoais e as historias que poden marcar a unha persoa  para toda a súa vida. Rematamos esta pequena crónica cunha dramatización realizada por Salma Mariño onde se pon na pel de Enma Olsen para ofrecernos a súa derradeira entrevista.

 


 Lucía López, Nerea Varela, Laura Váquez e Salma Mariño

9 jun 2022

ALL ABOUT THE USA (II)

 

A lectura do libro do All about the USA. Emily Winston (Ed. Burlington) foi o fío condutor das reunións do club de lectura de Inglés.

Aproveitando a estancia do profesor auxiliar americano, Vincent García, somerxémonos na cultura do seu país. Estudamos  os aspectos máis xerais sobre a súa historia dende a formación do país ,a súa cultura, tradicións, lugares máis emblemáticos, personalidades importantes, clima e as diferenzas significativas entre uns estados e outros.

Resultou unha actividade moi enriquecedora para localizar e obter información xeral dos diferentes lugares  que resultan tan coñecidos. Elaboraron presentacións sobre un estado da súa elección que desenvolveron oralmente.  Reproducimos a continuación unha delas centrada no estado de Florida.

 

 

 


 


ALL ABOUT THE USA

 

With this book we learnt about the history of America ( the American Civil War, the capital of USA and some of their symbols). In our opinion, the most interesting part of  was the chapter about myths and legends (Bigfoot, Johny Appleseed and Blackbeard’s ghost).

       

                        Dario Díaz Noya & Daniela Díaz Seijas

 

I learnt about Martin Luther King. He made a very important speech for the history of the United States. What I liked most was the chapters about myths and legends. But the most interesting part ws that of American holidays and traditions because they are very different.

 

                    Alexandra Tomé & Eugenia Sánchez


 
We learnt a lot of things about the history of the USA. One interesting aspect is that the book explains the reasons for American symbols (the bald eagle, the stars of the flag...). We loved the part about the American traditions and culture. The book is very good is you want to travel.

 

                   Laura García, Marta Cao &Uxía López

 

 

 
The most interesting part is the Blackbeard’s ghost because the legends are really wonderful.  I learnt that Martin Luther King was one of the most important leaders in the struggle for the equality in the USA. But what i liked most was the chapters about sports.

 

                                                                                    Nicol Pita

 

 
The most interesting part was the chapter about the capital of the USA because the White House is wonderful.  I learnt about the early history of North America and the War of Independence. But what I liked most was the Expansion and the Civil War because I love history.

                                                                                    Héctor López